Salud, Frutas de Otoño

Cítricos: a explosión decorativa dos fruteiros da tempada. Son antioxidantes en todas as súas variedades así como alcalinizantes (sobre todo o Limón que, ademáis, axuda a fluidificar o sangue previndo a formación de trombos e favorecendo a eliminación de toxinas). Básicos na alimentación de persoas con “tendencias anémicas ferropénicas” dado que a Vitamina C é un dos micronutrientes necesarios para a asimilación do Ferro.

Froitos secos: Améndoas, Avelás, Castañas e Noces, catro xinetes de altura para afrontar con enerxía e vitalidade o cambio estacional.

Son alimentos riquísimos en ácidos graxos insaturados moi beneficiosos para a nosa saúde cardiovascular. Tamén aportan respetables cantidades de fibra, aminoácidos e vitaminas do grupo B, indispensables para o funcionamento de calidade do noso Sistema nervioso.

A maiores, constitúen unha alternativa sanísima para os almorzos, as ensaladas outonais (sen carbohidratos, por favor) e as tomas a media mañá (tonifican a musculatura co que axudan a previr a fatiga).

Salud, Alimentación, antioxidantes

 

Granada: abrir e desgranar unha Granada é un acto de meditación artesá, unha das miñas máximas preferidas. A nivel nutricional, as súas virtudes diuréticas, depurativas, tónico-hepáticas e cardiovasculares fan desta froita un saudable diamante (penso que ben se merece un artigo en exclusiva…).

 

Marmelo: un conxunto de diversas pectinas e ácidos como o málico, tártrico e tánico favorecen o equilibrio da flora intestinal e reducen a tendencia a ter diarrea (eso sí, non o recozades e facelo mellor con panela, ágave ou stevia desterrando o azucre branco e/ou tintado).

Saúde, Alimentación, Nutrición, Froitas de Outono

Mazás: a pintas, verdes, vermellas, manchadas, doces, ácidas, de sandía,… calquera delas axudan a regular os niveis de azúcar e graxa en sangue, así como tonifican o aparato dixestivo. Seguindo o refrán inglés “An Apple a Day keeps the Doctor away”, unha mazá diaria é unha boa inversión para reforzar o noso Sistema inmunitario.

Uvas: enerxéticas e prebióticas (conteñen inulina que favorece o correcto crecemento da flora intestinal). As máis escuras destacan polo seu poder antioxidante dado o seu contido en antocianinas (protección extra para o noso Sistema cardiovascular e fronte a enfermidades dexenerativas).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-