As froitas, nutricionalmente falando, son unha valiosísima fonte de Minerais e Vitaminas, así como aportan unha considerable cantidade de azucres “amigos” e auga (enerxía e hidratación).

  • BANANA: froita similar ao plátano, aínda que a súa carne é máis prieta, o seu tamaño normalmente é maior e carece de manchas na súa pel. Constitúe unha gran fonte de  vitaminas do grupo B, así como aporta unha nada despreciable cantidade de Vitamina C. Aínda así, polo que máis destaca é polo seu contido en Potasio, mineral que neutraliza o exceso de Sodio (reequilibra a tensión arterial) e axuda a manter estables os niveis de líquidos do organismo.
  • CAQUI: froita de Outono que contén grandes cantidades de auga e fibra soluble (moi indicada para axudar a combater o estrinximento e ao control do colesterol dado que recolle o excedente que se atopa no tracto dixestivo eliminándoo nas feces). Contén vitaminas A, C, algunhas do grupo B e Potasio.
  • CARAMBOLA: froita exquisita orixinaria de Indonesia e Malasia, ainda que agora, as maiores extensións de cultivo atópanse en América latina. Destaca o seu contido en Oxalato de Calcio (ácido orgánico a evitar en caso de padecer insuficiencia renal ou ante  presencia de certo tipo de cálculos), Potasio e fibra.
  • CHIRIMOIA: froita moi doce cun alto contido en glucosa e fructosa. Aporta vitaminas B1, B2, C, minerais como o Calcio, Ferro e Potasio e abundante fibra polo que , ao igual que o Caqui, axuda a combater o estrinximiento e eliminar o exceso de colesterol que se atope no tracto dixestivo.
  • FIGOS: é unha das froitas máis remineralizantes e que contén unha gran variedade de vitaminas do grupo B (tonificación do Sistema nervioso). De entre os minerais, destacan o Calcio, Ferro, Fósforo, Magnesio e Zinc. O figo seco é unha excelente fonte de enerxía saudable.
  • GOIABA: froita que podemos atopar en diferentes tamaños en amarelo ou rosado. Destaca o seu alto contido en Vitamina C, Potasio, Pectina e Flavonoides. Resulta moi beneficiosa para o reforzamento do Sistema Inmunitario, regulación dos niveis de colesterol e tensión arterial, combater certas afeccions do aparato respiratorio e os sofocos do climaterio.
  • GRANADA: froita que se atopa no seu mellor momento entre Decembro e Abril. Posúe propiedades diuréticas e tonificantes do fígado e Aparato circulatorio. Destaca o seu contido en Vitamina C, Potasio e Magnesio.
  • KIWI: froita orixinaria da China e Corea que se extendeu a Nova Zelandia onde adquiriu o nome polo que a coñecemos (o seu nome chinés e Yang-Tao).  A súa apariencia externa contrasta co seu interior artístico en tonos verdes e pálidos disponéndose as súas sementes en forma de estrela. Destaca o seu altísimo contido en Vitamina C (un kiwi de calidade pode chegar a aportar o 80% das necesidades diarias desta vitamina) e vitamina B9 (Ácido fólico), así como os minerais Calcio, Cromo, Ferro, Fósforo, Magnesio,… que lle aportan propiedades antioxidantes, reguladoras dos niveis de colesterol protectoras ante infeccións (especialmente, do aparato respiratorio). O seu contido en fibra converte a esta froita nun gran aliado en caso de padecer estrinximento. O kiwi dourado é unha variedade que leva uns dez anos no mercado. A súa forma é máis ovalada e non ten pelusa. O seu cultivo altérnase co do “kiwi con pelusa” polo que podemos desfrutar desta froita todo o ano.
  • LICHI: froita orixinaria da China que pouco a pouco se estendeu principalmente ao Xapón, India, Madagascar e Sudáfrica. É un pouco máis grande que unha belota e de superficie rugosa. Os micronutrientes máis abundantes son as vitaminas C, B9, Magnesio e Potasio (beneficioso para o Sistema nervioso, Aparato circulatorio e contractibilidade muscular).
  • MANGO: orixinario de Asia, agora as maiores plantacións atópanse no Brasil. Hai moitas variedades que se distinguen tanto pola cor da súa pel como pola textura da súa carne.  No momento de mercalo e consumilo, evitaremos aqueles exemplares que presenten manchas negras. Para as persoas que non toleran ou dixiren ben froitas como os kiwis, cítricos ou pementos, o mango é unha valiosísima fonte de Vitamina C. O seu alto contido nesta vitamina axuda a paliar os estados carencias de Ferro dado que facilita a absorción deste mineral.  O efecto diurético é debido ao aporte de Potasio principalmente, así como que o seu contido en fibra lle confire propiedades reguladoras do tránsito intestinal e do colesterol.
  • MARACUXÁ: tamén chamada Froita da paixón. Pertence á mesma familia que as granadas aínda que o seu interior é máis xelatinoso que compacto. Boa fonte de Provitamina A, Vitamina C, Fósforo, Magnesio e Potasio. Destacan as súas propiedades protectoras cardiovasculares e ante procesos dexenerativos.
  • MELÓN: diurético e depurativo. Axuda ao correcto funcionamento das funcións renais. Destaca o seu contido en vitaminas A, C, E e grupo B (especialmente a B9, o chamada Ácido fólico), así como Fósforo, Magnesio e Potasio.
  • PAPAIA: destaca o seu contido en Betacarotenos (substancias vexetais precursoras da Vitamina A cun alto poder antioxidante) e vitaminas B9 e C. Entre os minerais os máis salientables son o Magnesio e o Potasio. O seu consumo está moi indicado nas persoas que padecen acidose, eccemas e no caso de dixestións lentas dado o seu contido en Papaína (enzima con propiedades antiinflamatorias que estimula a secreción pancreática e calma as molestias da colite e colon irritable). A cantidade de papaína diminúe canto máis madura esté a froita.
  • PIÑA: froita diurética e desintoxicante por excelencia. É un dos alimentos do reino vexetal que maior cantidade de Bromelina contén (é unha enzima que facilita a dixestión e asimilación das proteínas) así como fibra prebiótica. As persoas con afeccións cardíacas e procesos inflamatorios como a artrite reumatoide tamén se benefician especialmente das súas propiedades. Destaca o seu contido en Vitaminas do grupo B e un amplo espectro de minerais.
  • PLÁTANO: froita altamente enerxética indicada en casos de fatiga e anemia. É unha auténtica xoia no que a contido de minerais se refire destacando a presenza de altas cantidades de Vitaminas do grupo B, Ferro, Fósforo, Magnesio, Manganeso e Potasio.
  • SANDÍA: é a froita menos calórica e idónea para engadir nas dietas de persoas con afeccións renais, artrite e tensión arterial alta. Contén vitaminas A, C, B1 e B6, así como Cobre, Ferro, Manganeso, Níquel, Potasio e Zinc.
  • UCHUVA: froita que orixinariamente crecía silvestre nos Andes americanos. A súa forma semella a unha mistura de uva e tomate e o seu sabor é ácido cun toque doce. Contén respetables cantidades de vitaminas A e C, e minerais como o Fósforo e Magnesio polo que constitúe un bó alimento para o noso cerebro. Ao igual que a mazá, o seu contido en Pectina favorece a eliminación do exceso de glucosa, colesterol e a regulación da tensión arterial.  Tamén contribúe a regular os niveis de Albúmina limpiando os riles e destruíndo e impedindo a proliferación de parásitos intestinais.
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-