As froitas, nutricionalmente falando, son unha valiosísima fonte de Minerais e Vitaminas, así como aportan unha considerable cantidade de azucres “amigos” e auga (enerxía e hidratación).

  • AMORAS: coñécese tamén como zarzamora ou fresa negra. Froita rica en vitaminas A, C, grupo B; Flavonoides; Ferro, Fósforo, Potasio; Fibra,… A variedade silvestre e a que máis altas concentracións de nutrientes presenta. Son un gran tónico do Sistema nervioso e aliado fronte ao estrinximento, afeccións renais, os síntomas da menopausia,…
  • ARANDOS: froitas extraordinariamente ricas en Manganeso (mineral relacionado coa formación dos ósos, coagulación do sangue, sintetización do colesterol,…) e en Antocianina. A variedade negra destaca polas súas propiedades de regulación do colesterol e tensión ocular. Pola súa banda, a variedade vermella destaca pola súas propiedades antiinflamatorias e preventivas ante infeccións, especialmente as do tracto urinario.
  • FRAMBUESAS: de entre as froitas vermellas, é a menos calórica. Ao igual que as mazás, destaca polo seu contido en Pectina. Exerce un lixeiro efecto laxante e depurativo.
  • FRESAS: moi nutritivas e remineralizantes. A pouca cantidade de calorías que aportan e o efecto diurético da súa inxesta, convérteas nunhas grandes aliadas en dietas de control de peso e actuacións depurativas. O seu contido en Vitamina C é proporcionalmente superior ao dos cítricos. Destaca tamén o aporte en Vitamina B9 (Ácido fólico) e Ferro.
  • GROSELLAS: como todas as froitas vermellas, as grosellas tamén conteñen grandes cantidades de vitaminas antioxidantes (A, C, E,…) así como Calcio, Ferro e Potasio. Cabe mencionar que, consumidas soas, poden provocar certa acidez.
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-