No noso artigo de presentación do nacemento da Osteopatía, falamos desta como disciplina holística de estudo e tratamento dos desequilibrios estrutura-función dentro do organismo humano.

Seguindo esta premisa básica, imos achegarnos un pouco máis á Osteopatía a través de catro sinxelos fundamentos:

Interrelación estrutura-función: a estrutura harmónica, en bo estado (os ósos, músculos, nervios, fascias, vísceras…) impide, nun alto grao, a aparición de procesos patolóxicos que afecten ao desempeño das funcións de cada sistema do noso organismo.
Tomemos de exemplo como unha desviación cervical que comprima vasos sanguíneos e nervios pode provocar déficit no rego sanguíneo coa conseguinte aparición de mareos, sensación de inestabilidade, dores de cabeza…

O corpo humano como totalidade: os diferentes órganos e elementos estruturais que conforman o corpo humano están envolvidos por un tecido conxuntivo que os mantén na súa posición e os comunica. Este tecido é o que denominamos fascia. Así, unha retracción deste tecido alterará o equilibrio estrutura-función.

A circulación do sangue (A Lei da Arteria): unha circulación sanguínea deficiente debida á cantidade, calidade e/ou ritmo desta, propicia a falta de nutrición das nosas células e a baixada de inmunidade natural do noso organismo. Esta mesma premisa podemos extrapolala ao sistema nervioso.

O poder de reequilibrio do corpo humano (A Homeostasia): o organismo humano, en conxunción cunha achega equilibrada en cantidade e calidade de nutrientes, ten a capacidade de elaborar e procesar recursos que propicien a volta á harmonía.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-