Durante o mes de Marzo de 2012 levamos a cabo no centro da Escola Europea Parasanitaria en Santiago de Compostela (centro ESPS), o seguinte obradoiro:

“Comunicación nas relacións interpersoais. Abordaxe holística da astenia primaveral.”

Durante os meses de Outubro e Novembro, METYS impartiu o curso “Comunicación no ámbito da empresa” na asesoría compostelana Integral de Economía.

En Decembro, a petición do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo, realizamos unhas xornadas-obradoiro informativas sobre a Depresión e o Duelo.

Comezamos o ano 2013 co obradoiro “Envellecemento Activo” en colaboración co Concello de Trazo. -A Coruña-  Entre os meses de Xaneiro-Maio abordamos holisticamente a Esencia de envellecer con Calidade como unha importante etapa nas nosas Vidas.

Dentro do programa de actividades solidarias iniciativa da Escola Europea Parasanitaria (ESPS), o Centro METYS participou coa conferencia solidaria “A Maquillaxe Emocional e os Trastornos Psicosomáticos“.

Co gallo da celebración do 8 de Marzo, impartimos a conferencia “Abordaxe holística da Fibromialxia” en colaboración co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo -A Coruña-.

Dentro da programación elaborada para o primeiro aniversario do Centro METYS na rúa Alfredo Brañas, durante os meses de Abril e Maio tiveron lugar no propio Centro as xornadas “Coñece e manexa as túas Emocións”.

Durante o mes de Novembro, o Centro METYS estivo na asesoría compostelá Integral de Economía impartindo o curso “Intelixencia Emocional aplicada na empresa: Motivación e Negociación“.