A igualdade entre home e muller instituida por lei non acaba de culminar na sociedade actual debido, en gran parte, aos aspectos emocionais e psicolóxicos que interveñen. No papel social da muller actual atopamos limitacións nas metas personais e laborais autoimpostas por crenzas asumidas como naturais e que, na súa maioría, non son cuestionadas. Así, condicionantes sociais nos roles no traballo e modelos de beleza impostos máis ou menos subliminalmente, actúan como inhibidores dunha maior autorrealización persoal.

As emocións sentidas por todos os seres humanos non se expresan de igual xeito no nivel persoal e no social. O medo e a tristura non son manifestadas polo home, a rabia non o é pola muller. Patróns socialmente aprendidos fan que as auténticas emocións sexan disfrazadas por outras que sí son aceptadas no entorno social.

Mentras o descoñecemento dos patróns emocionais e das autolimitacións do vivir diario non sexan abordados e transformados en pautas socio-psicolóxicas máis eficientes, a meta da igualdade representará o mito de Sísifo da nosa sociedade.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-