LogonaFirma de Cosmética Eco e Natural creada nos anos 70 polo medico alemá Hans Hansel. A primeira tenda na que se comercializaron os produtos foi un pequeno establecemento en Hannover, e na actualidade é unha das firmas con máis presenza a nivel mundial con máis de 200 referencias para a hixiene e o coidado persoal (capilar, peles sensibles, homes, bebés e cativos, peles maduras,…).

O seu constante crecemento acompáñase dun fiel seguimento da responsabilidade social e o trato xusto nas relacións cos traballadores e os produtores.

Todos os seus produtos son elaborados e envasados segundo un punto de vista ecolóxico. Empréganse aceites e materias primas maioritariamente de cultivos limpos ou recolección silvestre controlada. Destaca o emprego de máis de 40 extractos vexetais de distintas prantas mediciñais, a maioría de fabricación propia (extractos de Eufrasia, Té Verde, Henna, Abedul,…).

Máis do 95% dos produtos son aptos para veganos, e unha grande maioría non conteñen gluten.

Os produtos da firma Logona contan cos selos BDIH e NATRUE que certifican o cumprimento das normas da auténtica Cosmética Natural.

Coñece os seus produtos