Cacaotero con froitos

A manteiga de Cacao, como o seu nome indica, obtense dos froitos do cacaotero (árbore que pode alcanzar os oito metros de altura e de vistosas flores). O cacaotero crece en toda África occidental e países como Indonesia, Brasil e Colombia.

 

 

Grazas á súa doada aplicación, a manteiga de Cacao resulta moi útil na formulación de bálsamos, cremas e xeles.

Interior froito Cacaotero

Ten propiedades estimulantes e antioxidantes (moi rica en Vitamina E que favorece a rexeneración celular), así como suavizantes e hidratantes.

Podémola atopar en produtos de limpeza facial, protectores labiais e produtos cosméticos axeitados para previr e atenuar a aparición de imperfeccións cutáneas tales como engurras e estrías. Igualmente, o seu uso resulta moi efectivo en casos de dermatite e eccemas. Aquí tedes algúns exemplos:

1.- Manteiga corporal hidronutritiva

2.- Crema hidratante bebés

3.- Crema labial antiengurras

4.- Hidratante contorno ollos

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-