Karité, árbore africana semi-sagrada

A manteiga de Karité extráese por prensado das sementes dunha árbore autóctona das sabanas do Oeste de África. É unha árbore moi apreciada e valorada polos nativos que aproveitan todas as súas partes (corteza, follas, flores, froitos,…) para a construción, decoración, alimentación, e por suposto, cosmética natural e terapéutica.

A manteiga de Karité, ao igual que a de Cacao, fúndese coa temperatura corporal (de textura semi-sólida pasa a textura-aceite).

As súas múltiples propiedades fan da manteiga de Karité unha verdadeira xoia e deusa natural: é antiinflamatoria, hidratante, cicatrizante, emoliente, protectora, suavizante,… e potente rexeneradora- estimuladora do metabolismo celular axudando a previr o envellecemento prematuro (incluso máis que a de Cacao!!).

 

 

 

Pequenos froitos, grandes beneficios

 

As peles secas, deshidratadas e sensibles benefícianse da hidratación e suavidade extra que lles aporta.  Tamén se emprega no coidado da pel dos bebés, cativos, antes e despois do afeitado, para mans e cóbados ásperos, cutículas rebeldes, talóns agrietados, beizos cortados ou tirantes, cicatrices, prevención das estrías, contrarrestar os efectos da climatoloxía (erosión, sequedade e/ou queimaduras provocadas polo vento, frío, exposición solar).

A manteiga de Karité é unha mascariña ideal para cabelos secos, estropeados, coas puntas abertas: humedece o cabelo antes de lavalo e aplica unha pequena porción de manteiga sobre as puntas cunha suave masaxe. Cubre cunha toalla (preferentemente quente), deixa actuar 10 minutos e lava con normalidade. Unha pequena cantidade repartida polo cabelo (evitando o coiro cabeludo) protéxeo fronte as radiacións solares e o salitre.

A manteiga de Karité é unha excelente base para personalizar cos nosos aceites esenciais preferidos: con Menta (masaxe cercival), Limón (para as verrugas), Salvia (diminución dos síntomas premenstruais),…

A inmensa maioría dos produtos de Cosmética Natural conteñen unha considerable porcentaxe desta manteiga pura que aporta valor engadido ás propiedades dos demais ingredientes de cada formulación. Aquí tedes algúns exemplos:

1.- Manteigas puras

2.- Crema facial de Rosas

3.- Crema concentrada reparadora de mans

4.- Loción hidratante corporal para cativos

No caso da manteiga de Karité, ao conter unha mínima cantidade de látex natural, as persoas con alerxia a este material deben probala nunha pequena porción antes de usala.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-