Ás veces oímos novas de persoas atopadas mortas nos seus fogares días despois de morrer. Preguntámonos cómo é posible que ninguén se decatara, que ninguén os botara de menos. Estamos nunha sociedade individualista? Sorpréndennos o aumento de trastornos psicolóxicos coma a ansiedade e a depresión?

O home está bioloxicamente predeterminado para construir e habitar un mundo cos outros. As persoas conforme se socializan buscan ser recoñecidos por por parte do outro, non ser invisibles aos seus ollos: un amable sorriso, un saúdo cortés, agasallos ou atencións son os primeiros pasos das relacións sociais.

O que nos fai cidadáns é a relación cos noso entorno, cos nosos familiares, cos nosos veciños, cos nosos concidadáns. As distancias curtas aféctannos no campo psicolóxico e emocional. O saúdo ao veciño, o sorriso ao paseante, a charla co comerciante do barrio refórzanos como individuos e como grupo social: fainos membros partícipes da sociedade. Ser civilizado é contribuir a que a convivencia cotiá sexa máis doada e amable.

Imaxe MasaBitPersoaEn grandes centros comerciais hai moita xente. Mafalda preguntaríase se hai persoas. Facemos intercambios económicos despersonalizados, que nos fan ser “masa”, unha parte da materia comercial. Mercar por internet o que podemos adquirir no comercio de barrio convértenos nun bit de información. Alonxamonos da posibilidade de recibir o reforzo social por parte de quen nos rodea.

No contacto cercano, voltamos a ser persoas. Recoñecémonos como tales. Mercamos e vendemos cara á persoa. Establecemos unha relación persoal, tratamos ao outro, coñecémonos polo nome. Comentamos o tempo na cafetería, as pericias das mascotas co panadeiro, a saúde dos cativos da familia ou calquer tema que nos fai sentir recoñecidos e membros da sociedade. Satisfácese a necesidade básica de recoñecemento.

Nas sociedades postindustriais temos a necesidade de xerar un tipo de identidade en que nos recoñezamos e que nos faga sentir pertencentes a elas porque, tal e como expresa Adela Cortina, este tipo de sociedades sofre un déficit de adhesión por parte dos cidadáns á comunidade.

Podemos criticar a políticos que nos tratan como “masa” e non coma pobo, a “holdings” que nos consideran un número, pero non podemos esquecer que a nosa conduta individual é a única coa que podemos cambiar a realidade social.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica e Psicoterapeuta-