Os Micronutrientes son elementos que precisa o noso organismo para levar a cabo as súas funcións, pero que por sí mesmos non producen enerxía. Comparativamente, a cantidade necesaria a inxerir é moito menor que no caso dos Macronutrientes.

As VITAMINAS son sustancias esenciais que o noso organismo require para o seu correcto funcionamento.  A excepción das Vitaminas D e K, todas son sintetizadas a partir dos alimentos que inxerimos. Factores como a etapa de crecemento, embarazo, periodos de convalecencia, a inxesta de medicamentos e hábitos como o de fumar, inflúen na cantidade que precisamos sintetizar diariamente.

As Vitaminas divídense en dous grupos: hidrosolubles (disólvense en auga), e liposolubles (solubles en graxas). As primeiras non se almacenan no noso corpo, polo que deben ser inxeridas a diario. Son moi sensibles á calor. Pola súa banda, as Vitaminas liposolubles sí se almacenan no corpo (no fígado e tecido adiposo, principalmente). Resisten mellor á calor, pero son máis inestables á luz e o aire.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-