Na literatura, a filosofía e a psicoloxía fálase de amor.
Qué é namorarse?
NamoradosOrtega decía que o namoramento é “enfermidade da atención”, así unha persoa céntrase noutra, diríxese a ela unha e outra vez. A persoa amada fixa a súa atención nunha soa dirección: a persoa da que queda prendida.
Stendhal falaba de “cristalización”: o namorado ve no amado todo o bo, nobre e positivo; namórase dunha figura ideal.
No namoramento, como decía Enrique Rojas, non se entende a vida sen a persoa ao seu lado: hai unha proxección de xuntos cara o futuro.
Antonio Gala fala dos papeis que nunha parella son máis dominantes: o amante e o amado.
Do namoramento pásase ao amor e, a longo prazo, precisarase vontade para mellorar e compromiso na relación.

Na sociedade actual as redes sociais son un medio para ampliar os contactos e estar máis comunicados (non sempre mellor), pero convén ter coidado con confundir uns medios de comunicación de información (non sempre correcta) con un medio para comunicar sentimentos ou emocións. O wasap non resulta en ningún caso o medio para expresar o que sentimos ou para intentar resolver conflitos. Resulta enganoso pola inmediatez e a distancia, pero de feito destroza amizades e relacións. Calquer parella que pretenda dirimir as discordancias a través das redes sociais debe ser consciente de que necesitaría a axuda de San Valentín para salvar a súa relación.

Así pois, recuperemos a vontade e compromiso na relación se queremos desfrutar do amor de parella con perspectivas de futuro.

 Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta humanista-