Naturavia  Naturavia é unha pequena empresa, noviña e moi profesional, afincada no Ribeiro, en pleno corazón de Galiza.

Conta con liña de coidados faciais, unha estupenda variedade de xabóns e aceites corporais (revitalizantes, calmantes, para peles atópicas,…), aceites vexetais puros e aceites esenciais coidadamente elaborados dende a selección das materias primas ata a súa presentación (aceites en envases de cristal e opacos que os protexen da luz).

Os produtos Naturavia contan co selo IMO (Instituto suízo de Ecomercado) que certifica o cumprimento da norma BioVidaSana de Cosmética Natural.

Coñece os seus produtos