Naturopatia  “Vis Medicatrix Naturae”, “Primun non nocere”, “Tolle Causam”,… fundamentos da abordaxe naturopática da Saúde.

A Naturopatía é a ciencia que, respetando os ciclos naturais, características de cada ser humano e o seu entorno, fai uso de medios naturais, fisiolóxicos para axudar a restablecer a Saúde, tales como a fitorerapia, as terapias manuais, a aprendizaxe e exercicio da alimentación consciente e o recoñecemento do propio corpo e as súas funcións.

O concepto naturopático de Saúde non se corresponde coa ausencia de enfermidade, senón co equilibrio corpo-mente, estrutura-función. De ahí que a abordaxe sexa holística, non invasiva e reguladora. Identificar e tratar a causa fronte ao tratamento simple dos síntomas.