Nutrición a flor de pel
Tanto no propio Centro METYS como nas diversas vías de comunicación que temos, oístesme falar da importancia de equilibrar os coidados internos e externos que prestamos ao noso corpo.
Este equilibrio reflíctese de maneira moi especial no aspecto do órgano máis grande da nosa anatomía: a pel, da que nos acordamos máis por cuestións estéticas e de “lucimento” que por Saúde.
Nesta entrada preséntovos unha pequena mostra de como a nutrición a nivel interno repercute no aspecto externo.
Aguacate: trío antioxidante composto por graxas monoinsaturadas (sobre todo, ácido oleico) e vitaminas C-E. A aplicación externa do aceite de aguacate prevén a erosión dérmica e atenúa as cicatrices e imperfeccións cutáneas.
Cenorias: o “efecto bronceador” das mesmas é a súa característica máis coñecida, pero poucos son os conscientes do seu alto valor para a nosa saúde intestinal dada a fibra que aporta. Un bó funcionamento intestinal é imprescindible para a boa Saúde de todos os nosos tecidos corporais.
Froitos secos, xerme de trigo, aceite de oliva: alimentos versátiles dispoñibles todo o ano que aportan Zinc, mineral fortalecedor do tecido conxuntivo (pel máis resistente, firme, en definitiva, saudable).
Pepino: altamente calmante e hidratante que tamén axuda a neutralizar a acidez interna (unha pel seca, apagada, graxa é bastante sintomática dun desequilibrio ácido-alcalino interno).
Pomelo: aporta fibra e flavonoides (antioxidantes que favorecen a rexeneración celular), así como vitamina C promotora da síntese de coláxeno (pel elástica e firme!!).
Sementes: de Liño, de Cabaza, de Xirasol… e, sobre todo, de Sésamo dado que o seu contido en ácidos graxos reduce o impacto da oxidación celular.
Tomates: vitaminas A e C, ambas antioxidantes que actúan en sinerxia cos minerais que tamén contén. O Licopeno que conteñen, ao igual que os Betacarotenos das Cenorias, contrarrestan os efectos nocivos das radiacións solares.
Xudías verdes: a combinación de vitamina C e Ácido fólico contribúe a manter o sangue limpo que se traduce en menos erupcións cutáneas (graniños KO!!).
Como podedes ver, Nutrición Consciente e Beleza exterior son inseparables.
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-
Buenos días:
Gracias por tu apreciación del artículo.
Son temas que se prestan a las recetas-milagro, toque que procuro al máximo evitar, e intuyo que voy por buen camino (aprendiendo todos los días, por supuesto).
Saludos,
Ana Sánchez
Buenos días:
Gracias por tu comentario respecto del contenido del artículo.
Al igual que ponemos pasión en nuestro trabajo, también así en las publicaciones de esta página sin caer en las recetas-milagro que realmente son enemigas de la Salud.
Saludos,
Ana Sánchez
Es improbable encontrar a gente con conocimientos sobre este tema , pero creo que sabes de lo que estás comentando. Gracias compartir información como este.
[url=http://www.kinesioclinic.com]leer mas[/url]
Es poco frecuente encontrar a blogers con conocimientos sobre este mundillo , pero creo que sabes de lo que estás escribiendo. Gracias compartir un articulo como este.
[url=http://www.kinesioclinic.com/index.php/fisioterapia-deportiva-barcelona.html]fisioterapia deportiva barcelona[/url]