Elementos como a polución, vento, exposición solar, cloros, falta de descanso, emprego de gorros-sombreiros, deficiencias nutricionais, estado anímico baixo,… e moitos máis determinan o aspecto exterior do noso cabelo… e a súa Saúde.

Constancia + Variedade = Saúde

Seguindo a senda da entrada “Nutrición a flor de pel“, achégovos varias suxerencias de Nutribásicos a ter en conta nos vosos menús diarios:

Alimentos que conteñen Ferro: mineral oligoelemento básico para fortalecer a estrutura capilar. O cabelo gaña consistencia e brillo. Boas fontes de Ferro son os Froitos secos, Legumes, Vexetais de folla verde,…

Alimentos que conteñen Potasio: mineral de inestimable axuda para frear a caída do cabelo. Mantén en bó estado os capilares facilitando o rego sanguíneo e conseguinte alimento ao folículo piloso. Boas fontes de Potasio son as Améndoas, Cabaza, Noces, Kiwis, Patacas, Plátanos, Sementes,…

Legumes en ensalada, en guisote,…

 

Alimentos que conteñen Ácido Fólico: a Vitamina B9 é imprescindible na prevención da perda do cabelo dado que intervén nos procesos de renovación celular. Atoparedes Ácido Fólico de calidade nos Espárragos, Espinacas, Legumes, sementes de Xirasol, cítricos,…

 

Alimentos que conteñen Vitamina E: xunto coa B9, é das vitaminas imprescindibles para unha boa saúde capilar (ollo, imprescindible, non única!!). A Vitamina E mellora a microcirculación e, ao igual que o Ácido Fólico, propicia a renovación celular. Atopámola no Aguacate, Améndoas, Avelás, Remolacha, xerme de Trigo,…

Saúde e apariencia

Un cabelo apagado, quebradizo con tendencia a puntas abertas é moi sintomático da carencia destas dúas vitaminas.

Alimentos que conteñen ácidos graxos insaturados: os esenciais Omegas. Favorecen a asimilación das Vitaminas liposolubles (A, D, E, K), unha correcta circulación sanguínea e fortalecemento do Sistema inmunitario. Ácidos graxos atopámolos nos aceites de Oliva e Cártamo, Froitos secos, Sementes, Ovos, peixes como o atún e o salmón,…

Aporte de antioxidantes: vitamina A, C, E; minerais como o Cobre, Manganeso, Zinc,… actúan maioritariamente en sinerxia anulando os efectos dos radicais libres responsables do envellecemento celular, fonte de trastornos e patoloxías que tamén afectan ao estado do cabelo. As Froitas (destaca sobradamente toda a gama de froitos vermellos e os cítricos), Legumes, Sementes e Verduras son moi ricas neste tipo de micronutrientes… sempre e cando sexan de calidade e tratadas “con xeito” na súa conservación e manipulación-cociñado.

Seguindo a Elisabeth Sigmund (esteticista vienesa fundadora dos cosméticos Dr. Hauschka, unha das mellores marcas Bio que podedes coñecer na tenda BioAgarimos), todas as persoas precisan de dous tipos de Beleza: a interior e a exterior. Contribúo a esta afirmación engadindo que ambas belezas son fillas da Saúde Integral, de pouco serve que te acicales exteriormente se descoidas o teu interior.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-