Cada órgano, tecido, fluído corporal ten un ph adecuado ás súas funcións (por exemplo, o ph sanguíneo tende a situarse na franxa 7,35-7,45, o do estómago 1,5-3,5, o vaxinal 4-5,…)

Elementos como os desequilibrios nutricionais, o exercicio físico intenso, a toma continuada e/ou descontrolada de medicamentos, factores ambientais, psicolóxicos e a fatiga físico-mental, provocan unha acidificación xeralizada do organismo.

A tendencia natural do noso organismo é cara ao equilibrio, e así bota man dos minerais almacenados nos ósos, dentes, articulacións,… Canto máis continuada sexa a necesidade de reequilibrar, máis depósitos ácidos acumularánse nos nosos tecidos, e máis nos desmineralizaremos.

Remineralizar-Revitalizar

Remineralizar-Revitalizar

Os alimentos non se clasifican en acidificantes ou alcalinos polo seu sabor, senón pola liberación de ácidos durante o proceso dixestivo. Así, a carne, cereais, azucre e pan branco non resultan ácidos ao gusto, pero sí liberan unha grande cantidade.

Ósos e dentes vense severamente afectados por un organismo acidificado ao que teñen que aportarlle minerais para reequilibrar o ph, pero tamén signos como o acné, a dermatite a perda de elasticidade cutánea e o seu aspecto opaco son sintomáticos dun PH desequilibrado.

Unha boa hixiene alimentaria, acompañada de complementación específica en cada caso e cambios no noso estilo de vida propician o equilibrio ácido-alcalino = Saúde. Unha equilibrada combinación de alimentos  é o primeiro e fundamental recurso antes que recurrir a medicamentos e “solucións milagre” que acaban por provocar máis molestias dixestivas e desequilibrios orgánicos..

O exercicio físico beneficia tanto ao noso aparato circulatorio como a manter un ph equilibrado, dado que a través dos pulmóns e da pel expúlsanse ácidos.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-