O sentido do humor é unha capacidade propia do ser humano. Atribúenselle beneficios psicolóxicos (estados de alegría, redución do estrés, prevención da depresión), físicos (tolerancia á dor, activación do sistema inmunitario, mellora do sistema cardiovascular) e sociais (mellora a motivación, a comunicación,…).

Enténdese como a capacidade para experimentar e/ou estimular a risa (observable ou non). Hai un humor non intencional como os despistes, torpezas, meteduras de zoca,…

Begoña Carbelo (Universidad de Alcalá) fala de humor positivo como aquel que provoca unha risa propia ou allea sen ofender ou agredir a ninguén, ao contrario do humor negativo que resulta agresivo, ofensivo e que provoca a risa a costa dos demáis.

A risa ten efectos beneficiosos para a Saúde reducindo a tensión muscular, incrementando o osíxeno en sangue, exercitando o corazón e aparato circulatorio e incrementando a produción de endorfinas.

Entre os beneficios psicolóxicos está o afrontamento ou control do estrés debido a unha valoración cognitiva que da outra visión da vida, pero o humor sarcástico ou cínico que sirve como mecanismo de defensa para evitar ou negar, non axuda a adaptarse ao estrés.

O hipotético efecto beneficioso do humor sobre a Saúde pode estar mediado polo soporte social. As persoas con gran sentido do humor poden ser máis competentes e atractivas socialmente, resultando máis próximas e con máis satisfacción nas relacións sociais.

Pero non esquezamos que os beneficios dependen do signo positivo ou negativo do humor e/ou a súa interacción con outros aspectos da personalidade como o valor que cada un de nós lle dá á Vida. Así, aqueles que dan un alto valor á súa Vida, un maior sentido do humor está relacionado cunha mellor Saúde; pero aqueles que lle dan pouco valor, un maior sentido do humor relaciónase cunha peor Saúde.

A práctica de humor positivo (para rirse dos absurdos da Vida ou para facer rir aos demáis) relaciónanse cunha mellor saúde mental, pero esta relación non se dá no caso do humor agresivo ou maleducado, e invírtese no caso da auto-crítica ante os demáis para facer rir.

En todas as culturas valórase o humor positivo xa que o negativo a menudo produce rexeitamento e censura social. Diversas culturas consideran que un humor positivo é tanto o resultado como a causa dun elevado nivel de sabiduría e madurez emocional.

Concepción Rozas -Psicóloga Clínica-