Hai moitas actividades que podemos levar a cabo para non caer nun estado de estrés e poder recuperarnos do traballo. Aínda que non sexan as actividades en sí mesmas as que axudan a recuperarse, senón os procesos psicolóxicos como a relaxación que a actividade supón.

Non todo o tempo fóra do traballo pode equipararse a tempo de ocio. Realizar actividades afíns ao traballo durante o tempo libre relaciónase con altos niveis de fatiga e baixos niveis de Benestar antes do descanso nocturno.

Actividades domésticas e de coidado dos cativos poden requerir recursos similares aos xa invertidos durante a xornada laboral, pero tamén poden axudar a desconectar das esixencias laborais.

Actividades de baixo esforzo no Ocio como terapia

Actividades de baixo esforzo como ver a televisión, leer ou relaxarse nun lugar cómodo, son actividades pasivas que facilitan ao noso sistema orgánico voltar ao nivel de pre-estrés e recuperarse.

 

As actividades sociais como o deporte, exercicio, acondicionamento físico dirixido, se ben requiren esforzo, estimulan os procesos fisiolóxicos e psicolóxicos que melloran a Saude física e mental.Acondicionamento fisico dirixido no Ocio como terapiaOs niveis de endorfinas elévanse durante a práctica de exercicio chegando a aumentar o bó humor. Tamén aumenta a secreción de serotonina, noradrenalina e dopamina, hormonas e neurotransmisores que teñen efecto antidepresivo. Así mesmo, las actividades físicas facilitan a distración mental.

Tamén podemos sinalar as actividades de retos cognitivos como xogar a certos videoxogos, aprender un idioma e/ou habilidade determinada, isto é, actividades que empregan recursos cognitivos vinculados á busca de retos e oportunidades de aprendizaxe.

Elixamos entre estas e moitas máis actividades aquelas que maior satisfacción nos produzan co fin de previr o estrés e non “queimarnos” no traballo.

Depende de nós.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-