Alpiste

Pequeno cereal orixinario da rexión mediterránea, o alpiste non é ningún descoñecido na   mediciña natural e, pouco a pouco, sube posicións na lista da compra. (Nombre científico: Phalaris canariensis)

Tradicionalmente, recoñécenselle propiedades hipolipemiantes (contén a enzima lipasa responsable da metabolización das graxas), antiinflamatorias (redución das molestias articulares, inflamacións viscerais, hemorroides) e antioxidantes (prevención da oxidación celular).

Contén unha grande variedade de aminoácidos entre os que destacan o Triptófano, estimulante da produción de Serotonina (a chamada “Hormona do Bó Humor”). A Serotonina axuda a manter baixo control á ansiedade (básica no control do peso e a diabete dado que regula o apetito e rexenerar o Páncreas propiciando niveis estables de insulina) e ao estrés, e é básica para gozar dun sono reparador e bó estado de ánimo.

O seu alto contido protéico axuda a mellorar o tono muscular (abordaxe da Fibromialxia).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-