Con este novo artigo de Alimentación Consciente, invítovos a achegarvos a un dos alimentos máis nutritivos e de maior valor biolóxico: o ovo.

O valor biolóxico dun alimento maioritariamente mídese pola cantidade e calidade das súas proteínas, en concreto, dos aminoácidos esenciais (os que o noso organismo non pode sintetizar por sí mesmo) e nisto, o Ovo é un Rei.

Cando merquedes ovos, fixádevos no primeiro número do díxito impreso, é o que vos dirá como criou a galiña (0=cría ecolóxica, 1=cría en granxa con vida no exterior, 2=galiña criada en naves sen contacto co exterior, 3= galiña criada en xaulas). En función deste dato, valorade vós mesmo/as a Calidade de Vida da galiña… e nutricional do ovo.

Centrándonos no propio ovo e, partindo da base de que gozamos de Saúde e temos unha relación equilibrada e respetuosa co noso organismo, diréivos que, por si mesmo, o ovo non sube o colesterol, máis ben é a maneira de cociñalo (polo tanto, preferiblemente escalfados).

O que sí pode potenciar o seu descontrolado/inadecuado consumo é a aparición de arterioesclerose,… que non é o mesmo que a hipercolesterolemia.

Adentrándonos no seu aporte nutricional, un ovo contén:

Tantas calorías como unha mazá (sobre 80).

Ácidos graxos saudables (oleico e linoleico).

Graxas boas como a lecitina, moi importante para a formación das membranas celulares. Da metabolización da lecitina o noso corpo obtén colina (Vitamina do grupo B) indicada na dieta das mulleres embarazadas dado que inflúe no desenrrolo embrionario.

Respetables cantidades de Vitaminas do grupo B (sobre todo B2, B12), A, D, E e K.

Minerais como o Ferro, Fósforo, Selenio e Zinc.

En función dos nutrientes citados, o ovo é saudable porque:

O tipo de graxas que contén axuda a aumentar o colesterol bó (o HDL) e coidar da Saúde do sistema cardiovascular.

Reforza o Sistema Nervioso, Inmunitario e a vista grazas ao contido en Vitaminas B12, E e A respectivamente (por exemplo, axuda a retrasar a aparición de cataratas e a previr a dexeneración macular).

Promove a formación de coláxeno favorecendo a saúde da pel (nutrida, suave e tersa).

É un bó coctel de antioxidantes que ralentizan o envellecemento e os procesos dexenerativos.

Resulta indispensable na dieta das persoas ovolacto-vexetarianas.

Basicamente, só as persoas hipertensas e alérxicas teñen que vixiar a súa inxesta.

Antes de cociñar o ovo, fixádevos ao trasluz se a cámara de aire que se ve no extremo máis ancho é moi perceptible, se flota nun recipiente de auga con sal ou, se xa aberto, a xema é abombada e/ou a clara non é uniforme,… en caso afirmativo, ese ovo non é apto para o consumo.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-