Os incesantes cambios de temperatura, unidos á depresión do noso Sistema inmunolóxico e á baixa calidade da nosa alimentación, repouso e exercicio físico fan que, en determinadas épocas do ano, vexámonos máis expostos a afeccións tais como os arrefriados e as gripes. Neste artigo ocuparémonos de como actuar, facendo uso de ferramentas naturais, ante o padecimento dun arrefriado ou catarro común.
Primeramente, temos que tener claro cales son os síntomas para non confundilo con outras afeccións:
1.- O arrefriado ou catarro común é unha infección, normalmente de orixe vírica, que afecta principalmente ás vías respiratorias superiores.
2.- O corpo atópase destemprado (a sensación térmica varía rapidamente, o que non quere dicir que haxa oscilacións reais de temperatura, ou sexa, febre), prodúcense espirros, hai conxestión nasal, tos, flemas e lixeiras molestias de cabeza.
3.- O seu período de incubación é de 24-72 horas e a súa duración media é de seis días.
É importante non confundir o arrefriado coa gripe, se ben o inicio dunha gripe pode asemellarse ao de un arrefirado (a gripe é unha infección tamén vírica pero de maior calibre, intensidade e duración na que sí hai febre, dores musculares e fatiga, entre outros síntomas).
Respecto dos síntomas que presenta, a continuación enunciaremos os máis comús e a súa respectiva actuación:
- Tos: tanto si é produtiva (a que favorece a expulsión das flemas) como si é non produtiva (a chamada tos seca que cosquillea na gorxa e provoca flemas moi viscosas que non son expectoradas), non deberiamos tentar suprimila salvo no caso de que produza unha dor tal que non nos permita descansar. Para ambos tipos de tos (sobre todo para a non produtiva) son moi útiles compostos, infusións e vafos con base de saúco, anís e tomillo pola súa capacidade para fluidificar a mucosidade e calmar as vías respiratorias.
- Mucosidade nasal: procuremos evitar as gotas desconxestionantes con principios activos como a phenylefrina ou a xylometazolina, entre outros, que alivian  momentaneamente, pero, co tempo, poden chegar a provocar o empeoramento dos síntomas así como a súa cronificación. Propoñémosvos que optedes pola utilización de solucións con base salina que axudan a expulsar a mucosidade sen que o noso nariz se reseque.
- Picor de gorxa:  o arrefriado pode iniciarse cun lixeiro picor de gorxa que pode dexenerar en dor e afonía. Ante o uso de preparados con lidocaína ou benzocaína (que proporcionan alivio, pero non atacan directamente aos axentes causantes da dor), optade mellor por preparados a base de Propóleo e Echinacea que, a maiores, axudarán a reforzar o voso Sistema inmunolóxico.
É conveniente inxerir unha cantidade constante de líquidos para manter un nivel de humidade óptimo nas vías respiratorias evitando así o asentamento dos virus. Respecto do líquido a inxerir, evitade os azucarados e edulcorados, así como optade polos zumes diluidos fronte aos concentrados. Eso sí, sempre naturais e recén feitos. Os consomés limpios de allo, cebola e tomillo proporcionan un grande benestar e alivio dos síntomas.
Se ben estas son pautas xerais de actuación, recomendámosvos que sempre consultedes co voso terapeuta para que personalice o protocolo de actuación en canto ás medidas a adoptar máis acordes co cadro que presentedes (as ferramentas de actuación e as tomas, por exemplo).
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-