A risa é un fenómeno social e cando se comparte produce un efecto de achegamento e incluso de redución de conflitos e hostilidades. A risa pode fomentar a construción dos lazos interpersoais e grupais que todo individuo necesita para sobrevivir, desenvolverse e realizarse como persoa e membro da sociedade.

O sorriso é unha expresión innata. Todos os cativos empezan a sorrir a partir das seis semanas de vida e, sobre todo se son estimulados, os nenos pasan moito tempo xogando a sorrindo. O sorriso pasa a ser a primeira linguaxe do bebé.

A risa tarda máis en aparecer que o sorriso, pero tamén xoga un papel fundamental na comunicación.

O xogo estimula a risa. A risa ou a recompensa emocional do pracer que proporciona, estimula o xogo. E o xogo, unha práctica de futuras competencias, permite ir medrando e desenvolvéndose como persoa para vivir en sociedade.

Os nenos xogan co seu entorno para aprender a moverse, a percibir, a relacionarse, a comunicarse e a realizar todas as rutinas e actividades requeridas pola sua cultura.

Rirse dun mesmo e de todo permite poñer a vida en perspectiva, así nada é tan importante como parece. Como dixo Charles Chaplin: “A vida é unha traxedia en primeiro plano, pero unha comedia no plano xeral”.

Concepción Rozas -Psicóloga Clínica-