Queremos un cambio de sociedade? Pensamos que só o podemos facer cada catro anos?

En pleno ano electoral temos nas nosas mans a capacidade de expresar o poder político a través dos nosos votos. Pero sexamos tamén conscientes da existencia de dous poderes cos que transformar a nosa sociedade: o voto social e o voto económico.

O voto social é o que exercemos cando damos prestixio e fama a unha persona, marca,…. Somos responsables de que personaxes que non aportan ningún valor ético, cultural ou económico sexan admirados. Vemos programas de televisión nos que son protagonistas estes personaxes, participamos en votacións, debates,… para que gañen o concurso de turno -exemplos de denigración da persoa-, consumimos libros, biografías de personaxes públicos e pagamos por cinematografía que son un insulto á cultura e á intelixencia.

Todos eles transmiten valores de triunfo exprés, éxito, o “todo vale”,… Marcas que garanten Felicidade, individuos que se amosan como un referente social e venden (e véndense) como un exemplo a seguir.

Con cada unha das nosas decisións aupamos e sostemos a este tipo de personaxes e marcas, pero á par tamén queixámonos da calidade das propostas de entretemento e ocio. Por que non mercamos outro tipo de libros, películas: CULTURA!?

A falta de valores que criticamos na sociedade son o resultado deste ensalzamento de estereotipos faltos de identidade, carentes de coherencia, con saldo negativo en educación, excedente de arrogancia e  despilfarro de verborrea.

Lembremos: o voto social é un xeito de transformar a sociedade.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica e Psicoterapeuta-