Para tod@s os que compartides as inquedanzas pola Saúde Integral, que gustades de coidarvos, coidar dos vosos e desfrutar con elo e con el@s; que desfrutades a Enerxía e Frescura da Natureza; que compartides a vosa Calidade de Vida e agasallades Vitalidade co voso Benestar; que vos sorprendedes con novas Sensacións, Aromas, Texturas, Caricias,… para tod@s vós…

Queredes ser Amig@s-BioAgarimos?!

En BioAgarimos vos convidamos a compartir con nós a aventura de viaxar por este Saudable Universo sendo… os intrépidos exploradores Amig@s-BioAgarimos!!

Ser un Amig@-BioAgarimos é desfrutar das vantaxes que supón formar parte deste xeitoso grupiño que somos os amantes das Caricias da Natureza.

Hixiene e Cosmética Natural, Harmonía e Benestar.

1.- Os Amig@s-BioAgarimos recibimos ofertas exclusivas toooooodos os meses.

2.- Realizando unha compra mensual, dispós dun 10% de desconto no seguinte mes consecutivo.

3.- Ao participar dun servizo mensual dos propios do  Centro METYS, @s Amig@s-BioAgarimos contamos cun 10% de desconto na nosa seguinte compra (dous meses de validez, non acumulable á vantaxe número dúas).

4.- “Pasiños-BioAgarimos”: traer de visita á bolsiña BioAgarimos para facer as túas compras BioAgarimos supón o reembolso de 50 céntimos (máximo dunha compra quincenal).

5.- “Petiño-BioAgarimos”: por cada compra superior a 55 euriños, @s Amig@s-BioAgarimos conseguimos dous euriños máis que podemos:

- Canxear nos tres primeiros meses a contar dende a obtención dos primeiros dous euros.

- Canxear nun prazo de 12 meses a contar dende a obtención dos primeiros dous euros (ata un máximo de 20 euros de canxe). 

 

BioAgarimos -Hixiene e Cosmética Natural-