Os Minerais son imprescindibles para o correcto funcionamento do noso metabolismo. Da súa concentración e distribución dependen o equilibrio e composición dos fluídos corporais.
Son necesarios para funcións como a transmisión de mensaxes do Sistema nervioso, síntese de Hormonas e elaboración dos tecidos.
A necesidade de Minerais varía en función do estilo de vida e, en moitos casos, tamén depende da presencia de certas Vitaminas (por exemplo, a Vitamina C facilita a absorción do Ferro e a Vitamina D a do Calcio).
Non todos os Minerais precísanse na mesma cantidade. Aqueles dos que se precisa unha menor cantidade (non por elo son menos importantes) reciben o nome de Oligoelementos e a Terapia Natural que se basa na súa administración supervisada denomínase Oligoterapia.
 
 
Calcio: é o mineral máis presente no noso organismo. Almacénase nos osos e nos dentes. Leva a cabo as súas funcións en combinación co Magnesio e o Fósforo e resulta esencial para o correcto funcionamento do Sistema nervioso, o mecanismo de coagulación do sangue, o mantemento das membranas celulares e a actividade muscular (Calcio + Magnesio). A súa absorción no intestino vese facilitada pola presencia da Vitamina D e dos ácidos grasos esenciais. Por outra banda, a fibra insoluble do pan e o arroz integral, así como os taninos do té e o ácido oxálico de algunhas verduras e do chocolate, ralentizan este proceso de asimilación.
Alimentos fonte de Calcio son os froitos secos, sementes, tofu,… A súa carencia incrementa as probabilidades de padecer osteoporose, hipertensión e hipercolesterolemia.
A suplementación carente de control desequilibra os niveis de Ferro e Zinc Unha inxesta excesiva e descontrolada pode chegar a producir danos nos riles (produción de cálculos), así como o incremento dos niveis de Sodio e Fósforo (inxesta de alimentos precociñados, por exemplo) reduce a cantidade de Calcio dispoñible.
Fósforo: é o segundo mineral máis abundante no noso organismo. Constitúe un gran alimento para o noso Cerebro e, combinado co Calcio, intervén na formación do tecido óseo e no seu mantemento. Tamén intervén no equilibrio ácido-alcalino do sangue. Está presente en case todos os alimentos (aínda que os que máis o conteñen son os cereais integrais, legumes, sementes e practicamente todas as carnes) polo que a súa carencia é bastante inusual.
Magnesio: mineral necesario para metabolizar o Calcio e o Potasio. Xunto con este primeiro e o Fósforo, intervén na formación do tecido óseo, dentes e o mantemento de ambos. Contribúe a regular a temperatura corporal e intervén no correcto funcionamento do Sistema nervioso. A súa carencia provoca debilidade muscular, pérdida de apetito, cansazo, e tamén estase a relacionar co padecemento de certas enfermidades cardíacas. Podémolo atopar nos froitos secos, cereais integrais, lácteos, soia, verduras de folla verde e algunhas algas.
Sodio: atópase principalmente no noso sangue e nos fluídos que rodean ás células. Unha elevada inxesta pode provocar retención de líquidos co conseguinte risco de padecemento de hipertensión. A fonte habitual de Sodio é o sal atopándose en moi altas cantidades nos alimentos precociñados e procesados.
Cloro: é este o mineral que axuda a eliminar o exceso de Sodio co que contribúe a manter en equilibro a tensión arterial. Tamén intervén no regulamento do PH do sangue e na dixestión das Proteínas. Fontes de Cloro son a inmensa maioría dos alimentos.
Potasio: xunto co Sodio, regula o intercambio de fluídos das céludas co seu medio, así como tamén activa o funcionamento de certo tipo de enzimas. Podémolo atopar nos cogomelos, patacas, plátanos e froitas secas.
OLIGOELEMENTOS: son os minerais presentes en moi pequena cantidade que interveñen, xunto con certas enzimas, nos procesos metabólicos que se dan no noso corpo. A súa carencia é responsable de diversas patoloxías.
Ferro: mineral necesario para a formación da Hemoglobina, Proteína que se atopa nos Glóbulos vermellos e que se encarga de transportar o Osíxeno no sangue. Este mineral é esencial para incrementar a resistencia ante os axentes infecciosos. O Ferro de orixe vexetal non é tan fácil de absorber como o de orixe animal. A Vitamina C e o Cobre facilitan este proceso e as bebidas con taninos o dificultan. Fontes de Ferro son o cacao, os cereais integrais como o trigo, os froitos secos, as legumes, lácteos, a xema do ovo, as carnes vermellas e os peixes.
Zinc: mineral esencial para a síntese das Proteínas, a curación de feridas e a conservación en bo estado da dermis, pelo, uñas e mucosas. Desenrrola un importante papel na correcta formación do feto. O ácido oxálico e a fibra dificultan a súa absorción. Alimentos que proporcionan este mineral son os cereais integrais, froitos secos, legumes, carnes e peixes en xeral.
Cobre: forma parte de importantes tecidos viscerais como o fígado, riles e Cerebro, e as súas principais funcións son a prevención dos procesos reumáticos e das infeccións nas vías respiratorias. Podémolo atopar en certos cereais integrais, froitos secos e moluscos.
Flúor: presente na auga e en infusións como o té. A súa principal función é a prevención da carie dos dentes, aínda que unha excesiva presenza deste mineral pode provocar a aparición de porosidades no esmalte dental.
Iodo: oligoelemento que, en cantidades relativamente pequenas, permite un correcto funcionamento da Glándula tiroides. Podémolo atopar en alimentos como as algas e os crustáceos.
Selenio: a súa principal función é a preservación da estrutura e funcionamento das membranas corporais. Está presente nos cereais integrais, noces, vexetais verdes e ovos. En combinación coa Vitamina E constitúe un potente antioxidante.
Manganeso: mineral moi importante na formación de certas enzimas. Podémolo atopar nos cereais integrais, froitos secos, legumes e verduras de folla verde. A súa carencia é moi rara, aínda que cando se da preséntase con dermatite, náuseas e pérdida de peso.
Cromo: a presenza deste mineral facilita o metabolismo da Glucosa, os ácidos graxos e favorece o crecemento do tecido muscular. Atopámolo no xerme de trigo e nos cereais integrais.
Azufre: mineral presente en todas as células do noso corpo. Forma parte de algunhas Hormonas e certas Vitaminas do grupo B. Posúe unha importante capacidade desintoxicante e é moi necesario para o correcto funcionamento do Sistema nervioso. Alimentos que o proporcionan son o allo, as castañas, cebolas, espinacas, mazás, rábanos e cenouras. A súa carencia provoca trastornos cutáneos, hepáticos, reumáticos e inquietude. Traballa en sinerxia co Iodo.
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-