A posición contra natura dun óso ou o encaixe defectuoso das articulación (por exceso, por defecto), poden chegar a desencadear porcesos patolóxicos que nos enferman.

A palpación e o testado, xunto coas técnicas manuais, son poderosas ferramentas de detección e abordaxe de mobilidades restrinxidas, tensión nos tecidos,… factores que reducen a nosa Saúde.

A abordaxe osteopática identifica os desequilibrios anatómicos e funcionais que impiden o correcto funcionamento do noso organismo, facendo os reaxustes oportunos para que este recobre o seu equilibrio: a Saúde.

Para restaurar a fluidez temos moi presente o medio físico co que traballamos: por unha banda máis dun 65% da nosa masa é auga e, por outra, o tecido óseo é máis denso que o muscular, polo que o noso corpo precisa máis tempo de resposta tras unha sesión osteopática.

Osteopatia EstruturaFuncionAs anomalías anatómicas inflúen na restrición das funcións, e non só das vexetativas (respiración, dixestión), senón tamén na capacidade de  percepción e propiocepción, na expresión das nosas sensacións, capacidade creativa, os pensamentos e emocións,…

No equilibrio estrutura-función tamén interfiren tanto a cantidade como a calidade de aporte de nutrientes, aspectos sociais e profesionais.

Os bloqueos non xorden da nada, senón por unha transmisión-acción descompensatoria, contra natura: saltando entre aceleróns e frenazos… bloquearaste.

As causas das disfuncións van máis aló do puramente anatómico-funcional: hábitos alimentarios, sobrecargas físicas e emocionais, consumo de drogas, intoxicación, … O seu recoñecemento, tanto por parte do terapeuta como do paciente, é fundamental para que a abordaxe osteopática resulte efectiva e reequilibradora, así como a orientación holística cara a outros profesionais que apoien o proceso de recuperación da Saúde dende o seu campo e con carácter integrativo.

O corpo é o soporte da Vida e a Actitude propicia Saúde. Os terapeutas procuramos a mellora da comunicación interna -tanto a nivel biomecánico como bioquímico- que contribúa á Calidade de Vida, pero sempre xunto con cada paciente que é suxeito activo, responsable e xestor da súa Saúde.

E lembremos: todo ten un Tempo, a Vida ten o seu Ritmo.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-