A Osteopatía é unha disciplina de abordaxe holística da Saúde na que se traballa sobre as restricións de mobilidade que tensionan os tecidos, articulacións, vísceras e reducen a nosa Saúde.

QueFacemos Osteopatia A actuación osteopática, a través da análise da postura, mobilidade, palpación do corpo do paciente,… identifica aquelas disfuncións anatómicas e funcionais que contribúen a un deficitario funcionamento do noso organismo. Con estes datos, o osteópata leva a cabo as técnicas de mobilización-relaxación máis axeitadas co fin de restablecer a mobilidade restrinxida, favorecer a circulación dos fluídos corporais, as funcións orgánicas,… ter Saúde.

A Osteopatía propicia que o teu corpo recupere a súa natural harmonía, restitúa a eficiencia nas funcións vitais e desfrutes así de Saúde.