Parafinas e vaselinas (substancias procedentes da destilación do petróleo) empréganse con moita frecuencia na elaboración de diversos cosméticos como cremas hidratantes, mascariñas, champús, pintabeizos,…

Son substancias moi baratas, moi estables e moi “sedutoras”.

Crean unha película sobre a pel e/ou cabelo que “aporta” un hidratado aspecto e sensación de suavidade, incluso brillo… pero o que realmente fan é taponar os poros anulando as funcións propias da pel (deixa de poder autorregularse), asfixian ás celulas e alteran o natural equilibrio hidro-lipídico.

Non aportan nin hidratación, nin nutrición á nosa pel, ao contrario, róubanlle humidade e producen un efecto aditivo na mesma: a pel non pode respirar e excretar as toxinas, resécase e necesita o “barnizado diario” para “lucir hidratada”.

BidonPetroleo

Especial atención merecen estes ingredientes cando figuran na composición de protectores labiais e pintabeizos dado que, ao inserirxe, estas substancias tóxicas acumúlanse no fígado, riles e nódulos linfáticos.

A maiores, son substancias non biodegradables, altamente contaminantes para o noso entorno (flora e fauna vense afectadas).

No INCI poden figurar como: Paraffinum Liquidum, Petrolatum, Paraffin, Ceresin, Liquid Petrolatum, Vaselina, Cera microcistalina,…

A Cosmética Natural emprega aceites e extractos vexetais puros afíns á nosa composición bioquímica que sí hidratan, nutren e protexen, sen os efectos nocivos destes derivados petroquímicos e a súa carga contaminante.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-