E que sucede co que ofendeu?

Woodyatt e Wenzel (2003) dan tres posibles respostas:

En primeiro lugar pode xustificar as súas accións e evitar a súa responsabilidade culpando ao exterior.

Pode autoculpabilizarse en exceso cursando con altos niveis de vergoña, culpa e desexos de autocastigarse. Nesta segunda resposta, condúcese a unha tendencia depresiva e a unha rumiación negativa. Pero elo non implica unha responsabilización ou un esforzo para cambiar.

Unha terceira resposta posible é afrontar o dano e levar a cabo unha restauración compensativa.

Perdoar?

Así pois, podemos perdoar a outros e podemos perdoarnos a nos mesmos?

No perdón a un mesmo a persoa acepta a responsabilidade do feito que causou, o expresa reducindo a vergoña, comprométese a levar a cabo condutas reparadoras cambiando os patróns que o conduciron á ofensa e acadando un renovado auto-respeto e auto-aceptación (Cornish y Wade, 2015)

PerdonParece que tanto o perdón interpersoal como o intrapersoal parecen manter unha relación co narcisismo. Un narcisista perdóase a sí mesmo pero non tan fácilmente aos demáis.

Tamén a amabilidade parece ter unha relación moderada e positiva co perdón aos demáis. E algúns estudos sinalan que a menor perdón intra e interpersoal máis aillamento social.

A dificultade para perdoar a outros relaciónase cun aumento na depresión e a severidade do estrés postraumático, mentras que a dificultade para perdoarse a un mesmo asóciase cun incremento na ansiedade.

Podemos afirmar que cando nos enfadamos e cando perdoamos, a nós ou a outros, estamos decindo moito do que pensamos e sentimos: descubrímonos a nós mesmos.

 Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta humanista-