O plátano é unha das froitas máis completas a nivel nutricional e que máis recomendo polas súas propiedades e versatilidade.

A variedade canaria ten a súa orixe en Guinea dende onde a trouxeron os mariños españois, e que despois levaron a toda a rexión do Caribe e Latinoamérica.

Aínda que moita xente me comenta “hai, plátano non que me engorda!” asegúrovos que o biscoito do café de media mañá ou as pastiñas do de despois de xantar aportan máis calorías que un plátano… e a maioría baleiras.

Si, é unha froita moi rica en carbohidratos, pero de absorción lenta esos que procuran un nivel de enerxía constante (canto máis verde maior proporción de almidón, polo que algunhas persoas lles costa máis a súa dixestión; maduriño no seu punto máis cantidade de sacarosa, frutosa e glicosa).

O plátano aporta tanto fibra soluble como insoluble, así que axuda a reducir o colesterol e a favorecer o tránsito intestinal. Ademáis, contén fructooligosacáridos que alimentan a túa flora intestinal.

Platano3Tamén contén vitaminas do fantástico grupo B (ese que axuda e moito ao noso Sistema nervioso) como a B9 -o Ácido fólico, atención embarazadas!!- e a B6 -tamén chamada Piridoxina, imprescindible para o bó funcionamento das enzimas que metabolizan proteínas e ácidos graxos-. Tamén contén vitamina C que, xunto coa B6, favorece a formación de anticorpos e fortalece o Sistema inmunitario. As tres son hidrosolubles, o corpo non as almacena, así que tomade nota…

O Potasio que nos aporta axuda a diminuir a tensión arterial alta que, xunto co Magnesio que tamén aporta, regulan as arritmias e frenan o desenrrolo da arterioesclerose.

Nun alimento tan completo non podían faltar os aminoácidos, neste caso, o Triptófano -precursor da hormona Serotonina, a que nos relaxa-, facilitando o descanso e reducindo a sensación de dor.

Recomendo tomar as froitas alonxadas das comidas para aproveitar o seu valor nutricional ao máximo, así como non interferir nunha dixestión apacible, e no caso do plátano máis todavía dado que, inxerilos antes da comida neutralizan o exceso de ácidos e os posteriores ardores estomacais.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-