Enfado tal e como o define a RAG é un sentimento de disgusto e rabia á vez.

As consecuencias físicas do anoxo abarcan desde problemas cardiovasculares, dores de cabeza ou musculares ata problemas hepáticos.

Por que nos anoxamos?

Enfado1  Non é bó reprimir as nosas emocións, o que si é bo é recoñecelas e saber xestionalas.

  Cando nos sentimos frustrados, enfadámonos. Como todas as emocións, é natural e saudable cando está axustada   en intensidade e duración. Saber canalizar a rabia ante unha frustración é san, enfadarse non sempre é perxudicial. A cuestión é como expresamos o enfado e se se axusta ao que o provoca.

  En ocasións podemos ver unha persona anoxada ante unha situación concreta, pero non chegamos a entender que se enfade con tanta intensidade e que a duración do enfado sexa desproporcionada en relación á causa. Unha soa diferenza de opinión sobre algo banal conduce a un enfado de días ou que algo positivo sexa interpretado como o máis negativo do mundo.

Outras veces vemos que alguén está expresando un enfado sendo éste inapropiado por natureza, por intensidade e por duración; levanta a voz, fai espaventos como unha marioneta tentando parar o vento.

Neste último caso estase producendo un falso enfado, enfado, sí, pero FALSO. É unha emoción parásita, emoción non auténtica que substituíu á emoción orixinal. Pode ser medo, tristura,… Expresamos rabia porque non somos conscientes das outras emocións ou non temos a capacidade para abordalas e expresalas. A ira ata parece ser reforzada nalgúns ámbitos sociais se é un home o que se enfada.

Canto decimos de nos cando nos anoxamos?

Posiblemente máis do que creemos e moito máis do que quereriamos. O obxectivo dos nosos enfados identifica os nosos puntos fracos emocionais e cales son as persoas e situacións nas que desexamos exercer un maior control.

En ocasións parece que un enfado amosado violentamente verbal ou fisicamente di moito de quen o expresa. Podemos ver que hai persoas que se enfadan culpabilizando ao outro directa ou indirectamente (con xeneralizacións do tipo “aquí ninguén fai nada”, “non se pode contar con ninguén”, “sempre igual”…) ou ben negándose a falar co “causante” do seu enfado.

Cando culpabilizamos ao outro reflexamos o noso intento de evitar a responsabilidade no conflito.

Cando retiramos a palabra enviamos a mensaxe oculto de “ti non existes para mín”. Unha mensaxe anulante e negadora de que recoñecemos que o outro está aí, coma se non existise para nós.

Moitas persoas non diferencian entre o acto e a persoa, entre o facer e o ser.

O seu enfado condúcelles a etiquetar á persoa, o fan sen ter en conta as demáis accións ou características do outro: a parte alagou o todo. Non critican ou se anoxan porque o feito lles poda provocar maior ou menor frustración, senón que ven un ataque á súa persona, ao seu ser como se fosen o centro de todo o que acontece e responden como se iso fóse a realidade. O seu autoconcepto tambaléase, consideran unha acción non como un erro, por exemplo, senón como unha ameaza ao que son. Non se consideran merecedores de tal comportamento e o viven como a maior das inxustizas.

Enfadámonos canto maior é o nivel das nosas esixencias e expectativas, e menor é o noso nivel de aceptación e tolerancia. Así a manifestación dos nosos enfados fala máis das nosas debilidades e temores do que nos gustaría recoñecer e, paradoxicamente, incluso expresar.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta humanista-