A espirulina -tipo de microalga de auga doce- é unha das miñas algas preferidas, e non polo aporte de vitamina B12 (en estado inactivo que pode chegar a interferir a correcta absorción da vitamina B12 activa), senón pola acción detox-antiox, a súa riqueza protéica e o dixerible que resulta. Unha ración de aproximadamente 30 grs./día de espirulina aporta todos os aminoácidos esenciais (ao nivel do ovo e superior á soia e ás carnes). É unha das razóns polas que a recomendo incluír na despensa de deportistas, persoas con alto desgaste físico, etapa de crecemento, convalecencia e terceira idade.

Contén Calcio, Fósforo, Magnesio e Vitamina E (máis incluso que o xerme de trigo) que “alimentan” os nosos dentes, fibra muscular, mucosas; facilitan as funcións cognitivas,…

Moi interesante tamén é o seu contido en mucílagos, fibra soluble con alto poder saciante, antioxidante e favorecedor da motilidade intestinal. As bifidobacterias que contén axudan a rexenerar a nosa flora intestinal polo que contribúen ao bó funcionamento do Sistema Inmunitario e dixestión sen sobresaltos.

A estas propiedades, sumádelle unha potente acción quelante de toxinas e metais pesados, rexeneradora celular e de apoio ás funcións hepáticas (e tamén que a alga espirulina non hai que remollala nin cociñala, podemos espolvoreala en calquera comida ou engadila ao sal e/ou outras especias coa que enriquecemeos os nosos aliños).

Primitiva, microalga… e unha auténtica xoia nutricional.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-