Abelliñas recolectando

Abelliñas recolectando

Propóleo: é unha das substancias máis ricas en flavonoides -potentes antioxidantes naturais-, e un grande aliado na abordaxe das afeccións das vías respiratorias dadas as súas propiedades antisépticas, antimicrobianas e antiinflamatorias

As abelliñas fabrican o propóleo procesando as resinas que extraen das flores e árbores como o bidueiro, castaño e carballo -xunto coas súas secreción salivares e ceras-, co que cubren as paredes e, sobre todo, a entrada das colmeas para protexelas da acción de bacterias, fungos, e ataque doutros insectos.

Posúa unha potente acción inhibidora de virus como os causantes da gripe, aconsellándose a súa toma como medida preventiva e mitigadora dos síntomas.

Echinacea Purpúrea

Echinacea Purpúrea

A Equinácea é unha das prantas básicas a ter en conta de cara a afrontar un inverno sen contratempos dada a súa acción inmunoestimulante.

Eleva tanto o contido de glóbulos blancos circulantes en sangue como a súa actividade, mantendo un Sistema inmunitario eficaz fronte á acción de organismos patóxenos.

De acción preventiva-inmunoestimulante por excelencia tamén posúe propiedades antiinflamatorias, antivirais, funxicidas (contra a Candida albicans, por exemplo) e cicatrizantes (suaviza as cordas bucais e a farinxe, inhibe as enzimas responsables da destrución das primeiras liñas de defensa como son a pel e as mucosas).

Axuda a acortar e diminuir os síntomas das afeccións invernais máis comúns (catarro, sinusite, resfriado, gripe,…).

Preparados a base de propóleo e equinácea (combinación da Echinacea angustifolia e purpurea)  dispoñibles en BioAgarimos.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-