Seguindo o exposto no anterior artigo dedicado á exposición solar, nesta nova entrega de boas prácticas centramos a nosa atención nas significativas diferenzas entre os filtros físicos e químicos.

Todos temos oído falar de diferentes tipos de filtros protectores das radiacións solares, pero son ben poucas as marcas que nos explican realmente en que consiste e como funcionan cada un deles. Aquí compartimos con vós as súas diferenzas básicas:

Filtros químicos: substancias que, en contacto coa pel, reaccionan absorbendo os fotóns da luz solar a través dunha serie de reaccións químicas. É por esto polo que non son efectivos ata uns 30 minutos despois da súa aplicación. Dado que se absorben, entran en contacto co medio interno humano sendo sospeitosamente responsables de producir alerxias, intolerancias, erupcións e sequedade nas capas medias e profundas, entre outros efectos. Son os filtros máis comúns na cosmética convencional.

Filtros físicos: óxido de zinc e dióxido de titanio son os maioritariamente empregados. Actúan dende o momento da súa aplicación como barreira entre as radiacións solares e a nosa pel, e o seu efecto dura máis que o dos filtros químicos. Actúan como un espello, polo que nin os filtros nin os distintos tipos de raios UV penetran no noso organismo. A maiores, os filtros físicos non son contaminantes, polo que non desestabilizan o ecosistema marino (a destrución das corais mariñas é un dos principais efectos dos filtros químicos.)

As nanopartículas, como ben indica o seu nome, son substancias de moi pequeno tamaño (aproximadamente, a millonésima parte dun milímetro) que “facilitan” a aplicación do produto.

A nanotecnoloxía é relativamente recente, feito ao que se apela para xustificar a ausencia de traballos científicos sobre as súas interaccións.  Estase a producir un encendido debate sobre si o seu minúsculo tamaño permite que pasen ao torrente sanguíneo e traspasen as membranas celulares causando danos a nivel xenético (canto máis pequena é unha partícula, máis reactiva resulta). Unha alta porcentaxe dos aínda escasos actuais estudos levados a cabo sobre os filtros físicos, apuntan a que, tanto en formato micro como nano, actúan igualmente depositándose sobre a pel e reflectindo as radiacións solares a modo de espello, polo que non entran en contacto co organismo.

Cabe destacar que, ata algo máis dun ano, as firmas non estaban obrigadas a sinalar a presenza ou non de nanopartículas, pero agora sí teñen que informar da presenza das mismas nas súas formulacións, así como que os baremos de medición do que é unha nanopartícula tamén cambiaron co que, unha firma que ata fai un ano non as contiña, agora pode que sí. De todos os xeitos, manténdose nunha liña de máximo respeto pola Saúde, as firmas de Cosmética Natural ou non traballan con nanopartículas, ou traballan con elas “envoltas” (rebozadas como unha croqueta), ou en porcentaxes ínfimas.

A nanotecnoloxía xenéranos certa desconfianza, se ben, coa información da que dispoñemos a día de hoxe, apostamos por un uso restrinxido e, por suposto, exento de ingredientes tóxicos que as acompañen.

A industria da Cosmética Natural traballa constantemente na investigación e mellora nas formulacións polo que o rastro branquecino dos novos protectores solares naturais a base de filtros físicos e biolóxicos é practicamente imperceptible.

En BioAgarimos contamos con dúas das mellores marcas de protección solar bio do mercado: Alga Maris e Biosolis, ambas certificadas polo selo bio ECOCERT.

Protexe o teu Entorno, protexe a túa Saúde.

Ana Sánchez – Naturópata, Osteópata-