A Psicoloxía Clínica e da Saúde é o campo de especialización da Psicoloxía que aplica os principios, técnicas e coñecementos científicos para avaliar, diagnosticar, explicar, tratar, modificar e previr anomalías, trastornos ou calquer comportamento relevante para os procesos de saúde e enfermidade, nos distintos contextos en que éstos poidan ter lugar.

ServzsSaudeIntg Psico

A intervención psicolóxica comprende o diagnóstico e tratamento dos trastornos, como os de ansiedade ou estado de ánimo co obxectivo de entender, aliviar e resolver ditos trastornos.

Outra labor a destacar é dar a coñecer diversos recursos na prevención e promoción da Saúde coma na abordaxe da Intelixencia Emocional, Comunicación ou Habilidades Sociais.