Nos últimos anos as redes sociais supuxeron unha revolución na velocidade e alcance da información.

Pero, que sucede na comunicación persoal?

A día de hoxe, o envío de información e datos a través do wassap resulta rápida e con ilimitadas posibilidades. “Wassap” provén dunha una frase coloquial inglesa (what`s up) que significa “que pasa?” e “App”, abreviatura de aplicacións.

Sen dúbida, é un poderoso instrumento de comunicación de datos, información e mensaxes. Pero, podemos e debemos comunicar TODO a través del?

Un dos elementos que intervén na comunicación é a canle pola que flúe. Así, que preguntemos, que pasa cando quero expresar os meus sentimentos e emocións?

Cando falamos con outra persoa non só importa o contido do que decimos, senn o continente, i.e., a entonación, os xestos,… todo aquilo que confirma, reforza ou, incluso tamén, desminte a nosa mensaxe.

Toda esta comunicación non verbal brilla pola súa ausencia no wassap, por moito emoticón que empreguemos. A súa carencia non só dificulta e empobrece o que queremos transmitir, senón que incluso pode quedar distorsionado con graves consecuencias para as nosas relacións persoais.

Realmente, Comunicación?!

Non podemos negar que comunicar unha mensaxe con emoción ou sentimento pode resultar “máis doado”: a comodidade, o medo, a distancia e o halo de impersonalidade axudan. Pero é realmente unha solución nas relacións interpersonais?

Se temos que falar cando emocións e sentimentos están por medio, só un consello, fagámolo cara a cara. Sairemos gañando aínda cando “perdamos”.

Concepción Rozas. Psicóloga clínica-Psicoterapeuta