Aínda cando a ansiedade acompaña a trastornos como o TOC e as fobias, podemos referirnos principalmente a dous tipos de trastornos: as crises de pánico ou angustia e a ansiedade xeralizada.

Nas crises, a ansiedade preséntase con maior intensidade, taquicardia, dificultades para respirar, mareos,… As sensacións que ten a persoa fana acudir ao seu centro médico e incluso ao servizos de urxencias pensando que está a ter un ataque ao corazón.

A pesar do desagradables e aparatosas que resultan as crises, non son en absoluto lesivas, o que non quere dicir que a persoa padeza un grande temor a que se repitan, chegando incluso a xerarse agorafobia e evitar así situacións e lugares.

Na ansiedade xeralizada, os síntomas son de menor intensidade, pero máis constantes e perseveran no tempo.

Ninguén pode curar a ansiedade xa que é normal en todas as persoas, pero sí pode aprender a controlala.

A relaxación, o control dos pensamentos, a identificación e xestións das emocións e o correcto manexo das situacións de angustia son vías para conseguir que a ansiedade sexa só o que debe ser: un factor de resposta normal ante situacións normais.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-