Fernando Savater escribíu hai anos en El País Semanal un artigo en relación ao concepto de responsabilidade. Nel facíase referencia a un estudo levado a cabo en Euskadi.

Relata a seguinte historia:

“Érase un matrimonio relativamente mal avenido:o marido viaxaba demasiado, a muller  sentíase abandonada. Durante unha estancia do esposo no estranxeiro, a muller estableceu relacións cun amante. Un día enterouse de que o seu marido volvía certo día, antes do previsto. Con algo de mala conciencia pola súa infidelidade e tamén desexosa de parecer unha esposa devota, decidíu ir a esperar ó seu marido ao aeroporto, que distaba bastante da súa casa. Para chegar ate alí debía atravesar un perigoso bosque no que acechaba un asesino. Pedíu compañía e protección ao  seu amante, que se negóu  por despeito ó  vela voltar co seu marido. Tampouco o alguacil do pobo quiso acompañala, decindo  que tiña outras obligacións e non podía desprazarse. A muller emprendeu a viaxe soa e no bosque o asesino matóuna.”

A pregunta final:  Quen foi o responsable do sucedido?

Antes de continuar lendo, vostede que respondería? …

Algunhas persoas culpan ao alguacil pouco dilixente, outros á muller infiel porque o merecía, tamén ao marido descoidado e ao amante egoísta.

Casi ninguén responde o obvio: o asesino que a matou.

Savater conclúe que estos resultados poderían extrapolarse a diferentes poblacións.

Se analizamos as opinións que aparecen en prensa ou redes sociais teriamos que darlle a razón.

Algunhas persoas tenden a sentirse responsables de sucesos que non ocasionaron. Se se pararan a reflexionar sobre iso verían que non só non o provocaron, senón que non podían saber o que ocurriría para reacionar de outra forma.

Aprender dos erros propios ou alleos, sen fustigarse coa inutilidade da culpa, ou enmendar o que sexa correxible é Sabiduría Vital.

En moitas ocasións esquecemos que a responsabilidade dunha conduta é daquela persoa que a leva a cabo. Pero tamén é certo que recurrimos á simplicidade na aplicación do principio de causalidade. Así, tendemos a concentrar toda a responsabilidade dun feito nunha soa persoa ou elemento. Aínda que si analizáramos os feitos en profundidade (o cal non soe facerse porque o que prima é o escueto, impactante e superficial) decatariámonos que sempre hai en distinta medida factores multicausais e múltiples corresponsabilidades.

Ante unha violación, un asasinato, un acto de violencia de xénero ou un sinistro, cantas veces oímos opinións que culpabilizan á víctima? Poderiamos intentar explicar este xuizo como un mecanismo de defensa, pero quizáis a cuestión a plantexarse é si temos ou non claros certos criterios éticos antes de emitir opinións ou facer xuizos.

Recurrir ao emotivismo moral como criterio ético non só é equivocado, senón perxudicial a nivel individual e social. Sentir emocións e telas en conta é sano, pero utilizalas como xuíces lévanos polo camiño do fanatismo e o caos social.

Os principios éticos (por algo son principios) son o marco de referencia que debemos ter como faro para non naufragar na marea de feitos distorsionados que se producen no día a día. E non esquezamos que a conduta humana non é simple, e que explicar non é o mesmo que xustificar.

Concepción Rozas. Psicóloga Clínica. Psicoterapeuta.