Na mitoloxía grega, Metis, filla de Océano e de Tetis, era considerada a deusa da Sabiduría e o Pensamento. O Saber como Camiño para acadar o Benestar Vital é a inspiración do Centro METYS -Servizos Integrais de Saúde-.

Dende unha perspectiva Holística e integradora dos aspectos psicosociais e físicos construimos a Filosofía dos nosos servizos e produtos.

Centro METYS -Servizos Integrais de Saúde- é unha empresa de orixe e capital integramente galego conformada por profesionais da Saúde. Concepción Rozas, Psicóloga Clínica e Psicoterapeuta, e Ana Sánchez nas áreas das Terapias Naturais e o Acondicionamento físico, asesoran e traballan na abordaxe de recursos para a Saúde e a comprensión das necesidades e características vitais que integran o noso Benestar.

Asemade, co obxectivo de fomentar sistemas de Saúde dinámicos, xestionamos e impartimos conferencias e seminarios nos que abordamos temáticas tan significativas e actuais como a Comunicación e habilidades sociais, identificación e manexo das Emocións, Educación nutricional, Exercicio Físico saudable,… obtendo así a capacidade de xestión e autonomía sobre as circunstancias vitais da persoa.

No Centro METYS entendemos á persoa como un ser dinámico, cunhas circunstancias físicas, psicolóxicas e sociais específicas que requiren un achegamento personalizado.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-
Concepción Rozas -Psicóloga clínica, Psicoterapeuta-