O Sistema Linfático é unha rede de capilares e vasos que discurren a nivel subdérmico e paralelos ás venas. Forman parte del os ganglios, o bazo, o timo. Non conta cun motor tipo o corazón, senón que o movemento da linfa a través dos capilares e vasos dase grazas ás contraccións musculares ou técnica manual específica.

É directamente responsable da recollida e expulsión das partículas tóxicas (froito do propio metabolismo ou externos) que se sitúan no líquido intersticial, así como das proteínas a devolver ao torrente sanguíneo. Así, cumpre unha triple función preventiva-nutritiva-inmunitaria.

DLMCircunstancias como as intervencións cirúrxicas, o embarazo, a toma de medicamentos, falta de exercicio físico ou sobreesforzo físico, fracturas,… demandan unha maior activación que, ás veces, o Sistema Linfático non é quen de atender.

A funcionalidade da Drenaxe Linfática Manual é maioritariamente coñecida polo seu emprego no campo da estética, pero aínda poucas persoas coñecen as súas propiedades na abordaxe de lesións deportivas, afeccións dérmicas, post-operatorios, así como o seu efecto reequilibrador sobre o Sistema nervioso.

As características da técnica Drenaxe Linfática Manual poden resumirse en:

– Tracción cutánea (que non deslizamento como noutras técnicas manuais).

– Baixa presión (traballamos a nivel subdérmico).

– Armonía e ritmo pausado (se o corazón bombea unha media de 70 veces por minuto, no Sistema Linfático non se dan máis de 15 “bombeos” por minuto).

Aplicada correctamente por un profesional con formación específica, a Drenaxe Linfática Manual resulta especialmente beneficiosa en casos como os seguintes:

– Afeccións cutáneas (eczemas, dermatite, acné, sequedade excesiva,…).

– Sobrecarga muscular, inflamación dos tendóns, edemas (por traumatismo ou mecánicos).

– Fibromialxia, artrite reumatoide (as suaves maniobras realizadas actúan sobre o Sistema Nervioso Parasimpático, encargado de aportarnos tranquilidade co que conseguimos a disminución da dor).

– Infeccións de repetición (gripe, resfriados, cistite,…) dado que favorece a produción de antíxenos nos ganglios e unha mellora da resposta inmunitaria.

– Trastornos do sono, espasmos musculares, ansiedade,…

Se aínda non probaches unha sesión desta relaxante técnica, achégate polo Centro METYS e infórmate sen compromiso. Estarei encantada de atender as túas dúbidas e curiosidades.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-