As carencias nutricionais, a toma de medicamentos, a deficiente xestión das nosas emocións, o estrés e o axitado ritmo do día a día, a falta de exercicio físico, de descanso e de ocio saudable son elementos que debilitan o noso organismo expoñéndonos a infeccións víricas, por microbios e bacterias.

Para reforzar o noso Sistema inmunitario dun xeito eficaz e natural, propoñémosvos os seguintes NutriBásicos:

PotaxeLentellaVermellaCabaza

Legumes: deliciosas e moi versátiles. Ricas en vitaminas e ferro, micronutrientes clave para as nosas defensas e a nosa saúde en xeral.

Allo: antiséptico e antibiótico natural por excelencia. Con acción expectorante e lixeiramente diurética, axuda a expulsar mucosidades e toxinas en xeral. É moi rico en minerais como o Magnesio, Calcio, Zinc e Ferro.

Cebola: rica en azufre de acción antimicrobiana. Tamén posúa propiedades antioxidantes, analxésicas e antiinflamatorias.

Xenxibre: antiinflamatorio e antibiótico natural que tamén axuda na fluidificación das flemas e protexe a mucosa gástrica.

Mel e os seus derivados: unha das maiores xoias que nos ofrece a natureza. É un supercóctel enzimático, mineral e vitamínico con acción antibiótica, antimicrobiana e moi revitalizante!!

En BioAgarimos, a tenda EcoNatural do Centro METYS contamos selección de complementos de calidade (pincha aquí) para reforzar as vosas defensas, e todos estos NutriBásicos que vos recomendamos dende o Centro METYS podedes adquirilos en A Horta do Avó, establecemento especializado en  alimentos ecolóxicos.

Compartinos a saudable e moi asequible receitiña cortesía de A Horta do Avó… e que a nós encántanos!!

Potaxe de lentella vermella e cabaza: lentella vermella (100 grs. para dúas racións), cebola, cabaza, cenoria, allo e xenxibre.

- Cortar en dadiños e a cenoria e pochamos con aceitiño de oliva primeira presión. En canto se dore, engadir cebola picadiña e rehogar ata que esta tamén se doure.

- Engadir as lentellas vermellas e medio litro de auga quente ou caldiño vexetal. En canto rompa a ferver, baixar o lume ao mínimo e cocer cinco minutiños. No momento de servir, raiar xenxibre e allo crú ao gusto.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-