Acondicionamento Físico

Atendendo ás necesidades e capacidades de cada participante, a actividade físico activa e supervisada contribúe a reducir os niveis de estrés e ansiedade, ao tempo que incrementa a concentración e a relaxación consciente e a prevención de molestias articulares e musculares.

QueFacemos AcondicionamentoFisico

Co traballo “Tono-Enerxético” estimulamos o noso Sistema Inmunitario, Linfático, corazón, músculos e articulacións. Gañamos flexibilidade, forza e resistencia; aumentamos a nosa coordinación e capacidade de concentración e melloramos a nosa postura corporal.

A través da “Relaxación-Revitalización” cultivamos o equilibrio Corpo-Mente. A práctica consciente de diferentes técnicas de respiración, relaxación e estiramentos calma a mente reducindo os niveis de ansiedade e estrés, mellora a osixenación do corpo e fortalece o organismo.

Consúltanos sobre as distintas opcións de traballo (flexibilidade horaria, sesións individuais e en grupos reducidos).

 

CardioEscaleiras

En varias ocasións xa me tedes oído dicir “o corpo humano está deseñado para o movemento”.

Falando en concreto da musculatura, como tal materia viva ten a capacidade de adaptarse aos diferentes requerimentos da vida cotiá, ao movemento… e á pasividade. Unha masa muscular “de vacacións permanentes”, atrófiase, perde forza e volume.

Seguindo esta premisa, nesta ocasión expóñovos o decálogo de razóns polas que o teu organismo precisa que o tonofiques, que traballes esa forza e a resistencia muscular:

1.- Tonificar o corpo físico non significa converterse nun armario, nin que os glúteos se sitúen á altura da caluga. A práctica de exercicio físico encamiñado a tonificar e muscular enfócase na abordaxe saudable das actividades físicas cotiás, e a capacidade de adaptación a diferentes tipos de esforzo.

2.- Un corpo tonificado é sinónimo dunha postura corporal harmónica e reforza a autoestima.

3.- O traballo de tonificación física tamén actúa a nivel mental: refórzase a vontade e desenrrólase a concentración.

4.- O exercicio físico de tonificación axuda a liberar estrés, tonificar o Sistema nervioso e “pulverizar” tensións mentais reflectidas a nivel físico.

5.- Unha musculatura forte favorece a circulación sanguínea (maior aporte de nutrientes) e a linfática (maior eliminación de toxinas), así como reforza o noso Sistema Inmunitario e Endocrino.

6.- A práctica regular da tonificación muscular fortalece o corazón e funcións biolóxicas como a motilidade gastrointestinal (mellor dixestión, mellor absorción de nutrientes, mellor evacuación… menor intoxicación).

TonoEquilibrio

7.- Unha musculatura entrenada, que sabe cando ten que tensar e cando afloxar, que é quen de responder a cambios de intensidade e frecuencia de traballo, é unha musculatura que protexe as articulacións e cumple a súa función de sostén das vísceras.

8.- O exercicio físico tonificante mellora o equilibrio e axuda a previr tanto lesións como afeccións dexenerativas (artrose, osteoporose) que, no caso de xa ter feito acto de presencia, ralentizan o seu avance.

9.- Corpo tonificado, sinónimo de metabolismo activo. O consumo calórico aumenta, así como o aproveitamento de nutrientes.

10.- Co exercicio físico a pel recupera luminosidade e brillo saudables, así como combate a flacidez e a aparición de estrías.

Actividades de Acondicionamento e Benestar físico no Centro METYS

  Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-

 

Falar de revitalización e relaxación na mesma frase pode resultar chocante e incluso contraditorio, pero ambas están intimamente relacionadas entre sí e, á súa vez, coa nosa Saúde.

O corpo humano emprega o tempo nocturno de descanso para levar a cabo funcións de “mantemento e reparación” como cando acabamos a xornada laboral e ordenamos e limpamos o noso posto de traballo, facemos caixa, revisamos o estado dos aseos, que as luces queden apagadas,… para ao día seguinte iniciar unha nova xornada. Pero se na nosa vida diaria abundan as situacións estresantes, desequilibrios horarios e pensamentos repetitivos entre outras contraproducentes costumes, o descanso nocturno non chega a cumprir eficientemente a súa función e o organismo entre nunha espiral de desaxustes e deficiencias que, antes ou despois, traduciránse en malestar e deterioro progresivo da nosa Sáude.

Unha das ferramentas máis asequibles que temos ao noso alcance para paliar a axitación cotidiana é a práctica da relaxación. Actúa tanto a nivel físico como mental proporcionando o oasis que o noso organismo precisa para “resetear” e afrontar saudablemente as nosas actividades.

 

Coa relaxación física e mental obtemos valiosos beneficios como:

1.- A optimización das nosas funcións orgánicas (o noso corpo vitalízase dende o nivel celular, a base da Vida).

2.- Actívase o Sistema Linfático, responsable da condución dunha alta porcentaxe do noso lixo interno cara aos órganos emuntorios (os responsables de expulsalo ao exterior).

3.- Refórzase o noso Sistema Inmunitario ao diminuir a cantidade de toxinas no corpo grazas á activación do Sistema Linfático, increméntase a produción de glóbulos brancos, anticorpos, así como a osixenación e nutrición internas.

4.- O control da respiración e a aprendizaxe de técnicas do seu uso incrementa o noso umbral de resistencia fronte ao estrés, axuda a minimizar a ansiedade e mellora a “ventilación interna” que limita a existencia de bacilos e bacterias non amigas.

5.- A respiración combinada con movimentos suaves e controlados potencia a propiocepción e estimula as capacidades de concentración, autocontrol, coordinación e equilibrio.

6.- A masaxe interna que a respiración proporciona aos nosos tecidos apórtalles maior elasticidade e o noso corpo recupera progresivamente unha saudable mobilidade.

Actividades de Acondicionamento e Benestar físico no Centro METYS

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-

StretchMinimoAínda que moito nos empeñemos en “sedentarizar” a nosa vida, o corpo é o suficientemente intelixente como para “asubiarnos” certas necesidades físicas (actos reflexos como bostezar, estirar os brazos, rotar os ombros,… son moi sintomáticos).

Peeeero, o ser humano é bastante “erre que erre”, polo que se nós incrementamos a aposta, o corpo tamén o fai en forma dun bó “tirón de orellas”: permite que nos sintamos incómodos, perdamos mobilidade e vivamos con dor.

Unha das ferramentas máis asequibles que podemos empregar para evitar certos malestares e molestias, é a práctica dos estiramentos, axeitada en forma, tempo e intensidade ás nosas capacidades.

 

Beneficios múltiples son os que gañamos con esta asequible ferramenta dos que aquí destacamos os seguintes:

Aumentan a amplitude articular: sempre acorde aos límites biomecánicos naturais (non falamos de convertirnos en figuriñas de plastilina), as articulacións liberadas de tensión producida por tracciones musculares son máis flexibles e permiten realizar os movementos da nosa vida diaria (tanto automáticos como programados) dun xeito máis saudable. Máis fluidez e máis elegancia que nos proporciona Benestar.

Favorecen a circulación sanguínea: a relaxación da musculatura e flexibilidade articular reduce a presión sobre os vasos sanguíneos. Propiciamos así unha maior circulación sanguínea co conseguinte transporte de nutrientes e osixenación de todas as nosas células.

Favorecen a propiocepción: moito se fala e pouco se practica. Practicando a arte dos estiramentos, recoñecemos o noso corpo. A información que envían os propioceptores situados nos tecidos brandos ao noso cerebro é memorizada neste. Así, aprendemos a recoñecer as nosas malas posturas, movementos forzados, desequilibrios,… e traballar na súa corrección. Realizar estiramentos amplía a nosa capacidade de concentración, os movementos son lentos, harmónicos e acompañados dun ritmo respiratorio,… e precisan da nosa atención respecto das sensacións que o corpo nos está a transmitir (se che ven á cabeza a lista da compra, cando vas ir tomar un viño, a mala contestación que recibiches no traballo, a carta achegada polo banco,… por favor, tenta deixalo pasar e céntrate).

Compensan o traballo de tonificación muscular: se traballamos só a forza, desenrolo de masa muscular, “estilizamento” da nosa figura,… a musculatura tenderá a acortarse e perder a súa capacidade de contracción-extensión, provocando trastornos na súa funcionalidade que repercutirán en todo o noso organismo. Cando traballamos forza e tono os músculos acumulan sangre venosa que contén toxinas, cando estiramos, favorecemos a súa expulsión e a entrada de sangue arterial, a nutritiva… e se engadimos respiración profundas, nin vos conto a multiplicación dos beneficios.

Na práctica deportiva, favorecen o quencemento e a prevención de lesións: os estiramentos previos á realización de exercicio físico quencen a musculatura, melloran a amplitude articular e activan os receptores propioceptivos de cara á posterior eficiente execución da nosa rutina física. Tras o exercicio físico, as técnicas de estiramentos harmonizan a actividade tónica muscular e relaxan ás articulacións.

StretchTercIdadeAtenúan os procesos dexenerativos: a perda de mobilidade acentúase coa acumulación de tensións físicas e emocionais, bloqueos anatómico-enerxéticos e malos hábitos dos que somos directamente responsables. A realización de exercicio físico compensado no que se traballe a musculatura dende un punto de vista integral -a súa tonicidade, elasticidade, excitabilidade,…- mantén uns parámetros saudables de mobilidade articular, control da postura e execución de molestias. Isto inflúe directamente na nosa Calidade de Vida: un corpo que goza de autonomía permite unha maior e mellor relación co noso entorno.

Actividades de Benestar físico no Centro METYS

 Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-