Saúde Integral

Programación de Primavera

Durante os meses de Abril, Maio e Xuño, no Centro METYS celebramos unha serie de conferencias abertas para todos os públicos sobre temáticas como:

  • A astenia primaveral
  • O suicidio -epidemia silenciosa-
  • Muller e hábitos alimentarios
  • Hábitos sociais e saúde psicosocial

 

 

 

 

“Compostela en Negro” é unha campaña para visibilizar a oposición á violencia de xénero.

Esquecemos, con todo, que dita violencia non é algo puntual e que para evitar esta “lacra social” é necesaria a educación en valores. Indignarnos cando unha muller morre ou adicarlle un día non é para nada suficiente na loita construtiva contra o sinsentido da violencia.

E a perplexidade vese aumentada cando nalgún concello convócanse “quedadas” de baile para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Así, unha conmemoración para reflexionar, replantexarse comportamentos e fomentar cambios de actitudes, convértese unha vez máis nunha escusa para actividades comerciais, festeiras, de publicidade.

Hai actitudes machistas, e non só nos homes, cando se acusa á parella dunha muller por non acompañala-axudala-levala aquí ou alá, como se a muller non tivera dereito á sua independenza, ou argumentos de control coa escusa do amor ou a seguridade.

Só temos que preguntar quen é o responsable cando unha muller sofre esta violencia: o 90% dos adolescentes din que a propia muller por poñerse en perigo e actuar irresponsablemente, por non ter denunciado, por levar certo tipo de roupa, porque un home non a protexeu, por actuar pola súa propia vontade… e case ningún dirá que o responsable é o que leva a cabo a violencia.

transparenciaviolenciaxeneroCulpabilízase á vítima se é muller e así apláudese nun estadio a un acusado de malos tratos, mentres se entonan cantos insultantes hacia a muller. Por suposto, ningún dos espectadores recoñecerá ser machista ou falto de valores.

E non nos enganemos, o machismo non é exclusiva dos homes. Podemos ver mulleres con comentarios machistas sobre outras mulleres nas redes sociais ou en intervencións nos medios de comunicación.

Agora que os anuncios do Nadal arrincan con forza non estaría de máis fixarnos no sexismo de determinadas marcas de perfumes ou de roupa e reflexionar se é realmente o que queremos mercar, a imaxe que queremos compartir, os valores a fomentar,…

E non esquezamos o emprego das novas tecnoloxías como medio de acoso e violencia.

Se non hai unha campaña real e non de marketing para cambiar crenzas e actitudes espérannos mil invernos máis.

Concepción Rozas

A mente non se equivoca

A mente non se equivoca, avisa. Se se ve saturada ou con conflitos, avisa. Se hai tristura ou estrés, avisa. Se a nosa mente non recibe os coidados que require, avisa.

Buscamos alimentos sanos, productos de calidade, exercicio para tonificar, pero que facemos para  manter a nosa mente en equilibrio?.

Foto2 Desconectar unha necesidade

Se hai unha inflamación ou infeción física a súa manifestación lévanos a actuar físicamente pero cando temos estrés, conflitos non resoltos, emocións en desequilibrio, que facemos? A nosa mente insistirá como a alarma que é. Podemos apagar o síntoma con calmantes ou calquer medicamento que sirva para non sentir e incluso non pensar. Pero é como silenciar a alarma da nosa casa mentras están entrando pola chimenea.

O corpo comunícase coa mente a á inversa. Non somos unha dualidade mente-corpo, somos corpo e psique.

Cambiar a dinámica mental é posible. Recurrir a profesionais da psicoloxía pode axudar a mellorar a nosa saúde psicofísica e social.

Leer máis: http://www.lavanguardia.com/vida/20161003/41689605446/fibromialgia-dolor-david-sojo.html?utm_campaign=botones_sociales&utm_source=facebook&utm_medium=social

Concepción Rozas. Psicoterapeuta.

 

 

 

Atendendo ás necesidades e capacidades de cada participante, a actividade físico activa e supervisada contribúe a reducir os niveis de estrés e ansiedade, ao tempo que incrementa a concentración e a relaxación consciente e a prevención de molestias articulares e musculares.

QueFacemos AcondicionamentoFisico

Co traballo “Tono-Enerxético” estimulamos o noso Sistema Inmunitario, Linfático, corazón, músculos e articulacións. Gañamos flexibilidade, forza e resistencia; aumentamos a nosa coordinación e capacidade de concentración e melloramos a nosa postura corporal.

A través da “Relaxación-Revitalización” cultivamos o equilibrio Corpo-Mente. A práctica consciente de diferentes técnicas de respiración, relaxación e estiramentos calma a mente reducindo os niveis de ansiedade e estrés, mellora a osixenación do corpo e fortalece o organismo.

Consúltanos sobre as distintas opcións de traballo (flexibilidade horaria, sesións individuais e en grupos reducidos).

 

Conferencia-paseo organizada dende o Centro METYS na que María Moure de Oteyza (licenciada en farmacia) achegarános aos usos tradicionais das prantas medicinais en Galicia, con especial atención á rexión do Courel.
Tras a conferencia, realizaremos un paseo práctico pola beira do río Sarela para coñecer “in situ” a flora deste bonito entorno compostelá.

Capuchina

Capuchina

Hedra

Hedra

 

 

 

Dente de León

Dente de León

Herba de Sete Costas

Herba de Sete Costas

Capelexo

Capelexo

Colondrillo

Colondrillo

 

AlgaChlorella

Xunto coa alga espirulina, a chlorella -alga unicelular de auga doce- é un auténtico diamante de clorofila, antioxidantes e aminoácidos (contén os oitos aminoácidos esencias, polo que as súas proteínas son completas).

Tamén destaco a súa riqueza en vitaminas do grupo B, fibra e Magnesio-Calcio-Zinc-Ferro.

As propiedades que máis salientables considero son:

Acción “detox”: o inositol que contén evita a fixación de graxas no fígado e nas arterias, así como que é unha substancia queladora de metais pesados (mercurio, plomo, cadmio,… altamente tóxicos e “teñen preferencia” por fixarse nos nosos tecidos, véxase o cerebro, intestino,…)

Efecto alcalinizante: a combinación de antioxidantes xunto co seu  contido en clorofila depura o sangue e equilibra o ph de fluídos e tecidos.

Acción cicatrizante: estimula a curación das mucosas danadas, polo que nos cadros de inflamación intestinal e hiperpermeabilidade a chlorella é unha grande aliada.

Acción prebiótica e probiótica: novamente a clorofila xoga un papel fundamental nestas dúas propiedades das que o noso intestino é un dos maiores beneficiados. Diminúe a proliferación de bacterias microorganismos patóxenos. Ademais, a chlorella posúe no seu núcleo unha substancia chamada “Factor de Crecemento Chorella” composto por aminoácidos e ácidos nucleicos que “acelera” a súa capacidade de rexenerar as nosas células e a proliferación de bacterias lácticas que contribúen a un bó estado do noso Sistema inmunitario.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-
Espirulina

A primitiva Espirulina

A espirulina -tipo de microalga de auga doce- é unha das miñas algas preferidas, e non polo aporte de vitamina B12 (en estado inactivo que pode chegar a interferir a correcta absorción da vitamina B12 activa), senón pola acción detox-antiox, a súa riqueza protéica e o dixerible que resulta. Unha ración de aproximadamente 30 grs./día de espirulina aporta todos os aminoácidos esenciais (ao nivel do ovo e superior á soia e ás carnes). É unha das razóns polas que a recomendo incluír na despensa de deportistas, persoas con alto desgaste físico, etapa de crecemento, convalecencia e terceira idade.

Contén Calcio, Fósforo, Magnesio e Vitamina E (máis incluso que o xerme de trigo) que “alimentan” os nosos dentes, fibra muscular, mucosas; facilitan as funcións cognitivas,…

Moi interesante tamén é o seu contido en mucílagos, fibra soluble con alto poder saciante, antioxidante e favorecedor da motilidade intestinal. As bifidobacterias que contén axudan a rexenerar a nosa flora intestinal polo que contribúen ao bó funcionamento do Sistema Inmunitario e dixestión sen sobresaltos.

A estas propiedades, sumádelle unha potente acción quelante de toxinas e metais pesados, rexeneradora celular e de apoio ás funcións hepáticas (e tamén que a alga espirulina non hai que remollala nin cociñala, podemos espolvoreala en calquera comida ou engadila ao sal e/ou outras especias coa que enriquecemeos os nosos aliños).

Primitiva, microalga… e unha auténtica xoia nutricional.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-
Curcuma

Orixinaria de rexións tropicais e familiar do Jengibre, a cúrcuma é unha das especias básicas na cociña e na mediciña aiurvédica (crese que fortalece o corpo, regula a menstruación, mellora as dixestións e alivia afeccións inflamatorias como a artrite).

O uso máis extendido é como como colorante alimentario -número E-100 (i)- básico na elaboración do curry. A curcumina, o seu principal principio activo, é realmente a que lle confire á cúrcuma propiedades como:

Acción antiinflamatoria: reduce a inflamación dos tecidos e axuda a eliminar as toxinas resultantes da mesma. Tanto en uso interno como vía tópica, favorece a abordaxe do acné, dermatite, artrite e rixidez articular en xeral.

Acción colerética e protectora hepática: favorece a produción de bilis por parte do fígado co que mellora o proceso dixestivo en xeral e frena os síntomas da dispepsia (náuseas, gases, pérdida de apetito, distensión abdominal), e axuda na rexeneración das células hepáticas.

Anticoagulante: inhibe a agregación plaquetaria polo que axuda a previr a formación de trombos.

Antioxidante: nalgúns estudos incluso fálase de que é máis potente que a Vitamina E fronte á acción oxidativa dos radicais libres nas nosas células. Esta propiedade é moi valorada na abordaxe das patoloxías dexenerativas (ateroesclerose, alzheimer,…).

Curcuma2Podemos inxerila en comprimidos con boa proporción de curcumina e tamén en cantidades razoables na nosa alimentación diaria para aliñar as nosas ensaladas, cremas de verduras, zume de laranxa-limón, batidos verdes, infusión… (as persoas con úlcera gastroduodenal, as embarazadas e as que xa están a tomar algún tipo de anticoagulante son as que máis atención deben prestar ás cantidades).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-
ActeOliva

Raíña dentro dos alimentos ricos en grasas amigas, o aceite de Oliva presenta propiedades moi beneficiosas tanto no seu uso interno como no tópico:

Coida do teu corazón: é o aceite que máis porcentaxe de grasas monoinsaturadas (máis do 70%) que axuda a reducir os triglicéridos e aumentar o colesterol bó (o HDL).

Antioxidante e remineralizante: as súas altas concentracións en polifenoles e vitamina E neutralizan o impacto dos radicais libres e protexen fronte ao estrés oxidativo (responsable do envellecemento prematuro, pérdida de masa ósea).

Protector gástrico: o aceite de Oliva evita unha excesiva produción de ácido clorhídrico e favorece a cicatrización das mucosas (por exemplo, en caso de úlceras). Tamén estimula a produción de bilis e bó funcionamento do fígado co que apoiamos unha función dixestiva “tranquila”.

Destaca a súa acción carminativa, é dicir, axuda a reducir a produción de gases e a hinchazón abdominal.

Emoliente cutáneo: suaviza e hidrata as peles extremadamente secas e atópicas, calma os picores e axuda a restablecer o manto hidrolipídico e as funcións naturais da pel.

O auténtico aceite de Oliva virxe extra é o que mellor tolera as temperaturas de cociñado, se ben é conveniente que non afumee o que indica que se está a queimar (a recollida das olivas realízase cando aínda están na árbore e no seu momento xusto de maduración. O seu tratamento realízase só mediante procesos físicos, sen adición de disolventes e nunca superando os 35 graos).

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-

 

InfRooibos

A súa cor pode facer que a confundamos co té vermello, pero o Rooibos só comparte con ésta algunhas das súas propiedades dado que son dúas prantas diferentes.

O Rooibos é unha pranta de orixe africana (Aspalathus Linearis) libre de teína (non interfire na absorción do calcio) que facilita unha función dixestiva equilibrada (beneficiosa a súa inxesta en caso de diarrea, estrinximento, gastrite, cólicos dos cativos,…).

Aos beneficios directos no noso aparato dixestivo, o seu contido en minerais (Ferro, Magnesio, Zinc) axuda a reducir a retención de líquidos e a “desincharnos”. Este aporte mineral tamén colabora na boa saúde dos nosos dentes (prevención da caries) e ósos (prevención da osteoporose).

Ao non conter teína, pero sí Magnesio, axuda a regular o bó funcionamento do Sistema nervioso (pódese tomar de noite sen “peligro” de desvelarnos…).

Interesante para as persoas que realizan exercicio físico, embarazadas, cativos e en períodos de convalecencia.

O seu poder antioxidante (alto contido en flavonoides e vitamina C) o convirte nun antihistamínico natural sen efecto “somnolencia”. Este efecto antioxidante é tamén o responsable de que os eczemas, dermatite, urticarias,… melloren significativamente coa toma de Rooibos.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-