Nesta ocasión comparto con tod@s vós os beneficios que aporta o consumo de sementes xerminadas dentro dun plan nutricional equilibrado.

Practicamente, todas as sementes poden xerminarse, aínda que algunhas como as da familia das solanáceas (berenxena, pemento, tomate) son as menos aconsellables dado que durante o proceso xeneran substancias tóxicas (en pequenas cantidades, pero, tendo en conta que consumiremos xerminados con frecuencia…).

Diamantes de Vida

Diamantes de Vida

As sementes xerminadas son moi dixestivas dado que durante a xerminación actívanse as súas enzimas grazas ao contacto Auga-Osíxeno; o almidón descomponse en azucres simples mellor asimilables, e comezan a formarse Vitaminas como as do grupo B.

A maiores, se o proceso de xerminado lévase a cabo coa axuda de luz natural, increméntase o aporte vitamínico, así como o contido en clorofila. Resultado: as sementes ven aumentar exponencialmente as súas propiedades antianémicas, antioxidantes e detoxificantes. Grazas á súa dixestibilidade e aos micronutrientes que aportan, as sementes xerminadas son excelentes rexeneradoras da flora intestinal polo que o seu consumo está especialmente aconsellado en períodos convalecientes ou a inxesta de fármacos continuada/a medio-longo prazo, Sistema Inmunitario deprimido, saltos anímicos,…

De entre todas elas destaca a alfalfa polos seus altos contidos en Vitaminas do grupo B, Vitaminas A e C. Baixa inxesta de calorías, alta de nutrientes, apúntaste?

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-