Seminario: “Nutrirnos na Comunicación”
É imposible non comunicar, pero é posible coñecer como o facemos para poder entendernos.
Sentirnos a desgusto despois de conversar con alguén pode indicarnos que acabamos de manter unha comunicación insá.
Se nos pasa moi a miúdo podemos ter unha anemia emocional. A enerxía requerida esgótanos e non acadamos os nosos obxectivos.
É necesario comprender e detectar como se produce para que as nosas relacións sexan nutritivas psicoloxicamente.
Neste seminario coñeceremos os fundamentos básicos das comunicacións, como evitar aquelas que nos dañen e incentivar a que nos reportan Saúde e Benestar.
Coñecer para comunicar, coñecernos para comunicarnos.
Sábados 30 e 6 de Xuño, 10-13.30 horas. (Instalacións do Centro METYS -Santiago de Compostela-.)
Asistencia previa inscrición.