Non hai espellos na súa vida. Depende do reflexo do seu entorno para entender os seus desexos, necesidades e características. Narciso é cruel cos seus amantes, odia a imaxe de necesidade e vulnerabilidade proxectada nos demáis. Só pode amar a alguen como el, invulnerable. Así non se recoñece a sí mesmo na imaxe reflexada na auga e morre namorándose dela.

O mito grego é unha valiosa metáfora para entender o papel dos narcisistas cos que nos atopamos no día a día.

Imaxe SenEspellosO narcisista está condeado a non coñecerse. Manifestan un estilo sedutor, exhibicionista e grandioso e á vez soberbia, arrogancia e desdén hacia os outros. Anhelan a admiración dos demáis pero carecen de empatía hacia eles.

O mundo xira ao seu redor. Tratan de deslumbrar co seu talento e intelixencia pero ignorarán ao que non se sinta impactado. Amosan interés cara persoas que poden considerar “superiores”, buscan a súa aceptación para considerarse tamén “superior”. Desexan controlar aos demáis e ser o centro de atención.

Para o narcisista son os demáis os que son dependentes e pouco interesantes. A súa falla de empatía lévalles a non decir nunca “síntoo”. Ante o rexeitamento sinten rabia e poden levar a cabo ataques sociais. Se se lles critica poden semellas débiles e, a continuación, pasar ao ataque.

E así, o mito narcisista pode manifestarse en trastornos paranoides, psicopáticos, perversións, etc.

O seu carácter sedutor, encantador e con aires de triunfo son un forte imán para os outros. Pero non nos enganemos, só existen para eles. Unha distancia a tempo pode ser moi útil para previr a dor dunha relación sen empatía e que só será un soño de ilusións reflexadas nun espello.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica e Psicoterapeuta-