Unha sesta pola mañá é rica en soño rápido, ao contrario da verdadeira sesta, a do serán. Esta última só presenta sinais eléctricas de soño lento, en particular nas suas fases profundas.

O valor do soño rápido está demostrado. Cando despertamos a un suxeito tan pronto despunta, faise máis insistente e hai que despertalo cada vez máis a miúdo. Cando se lle deixa, prodúcese unha reacción de compensación. Entón, a duración do soño rápido pode acadar a metade do soño total (cando normalmente é do 20 ó 25%).

Algúns neurofisiólogos pensan que o soño rápido interviría para preservar a capacidade de excitabilidade do cerebro. Cando se desperta a alguén no soño lento, profundo (fase IV) a súa actividade cerebral está moi retardada, próxima a un estado de confusión; o despertar dun soño rápido vai inmediatamente seguido dunha conduta perfectamente adaptada. Así, as persoas cuxa actividade diurna é moderada, ven aumentar o seu soño rápido. Así, a falta de estimulación durante a vixilia quedaría paliada pola actividade cerebral durante o soño rápido.

A teoría da protección da especie polo soño rápido de Fred Snyder afirma que éste permite o equilibrio das funcións orgánicas en certos mamíferos e facilita a súa adaptación ás circunstancias que lles rodean, permitindo a defensa ou o ataque. Por exemplo, a zarigüeya, pequeno animal de América, primo lonxano do canguro, durme moito: os dous tercios da súa existencia. A súa vida, próxima á hibernación, reduce as suas necesidades metabólicas e facilita a súa supervivencia ante os depredadores. O soño rápido dalle a posibilidade de escapar a este perigo. Presenta un trinta por cen do soño total, cinco horas por cada 24; unha porcentaxe que non se atopa en ningunha outra especie. O soño rápido, seguido do despertar e reproducido con frecuencia, tería así unha función de “centinela”. A activación cerebral do soño rápido prepara ao animal para unha boa adaptación ó medio ambente, que lle permite a fuxida ou a defensa. Pola súa transición ao estado de vixilia facilitaría a conservación da especie.

O anteriormente exposto vale para todos os mamíferos e primates. Non serve para os reptís, que non teñen soño rápido. Así, no sentido da evolución das especies, o soño rápido ten un papel primordial.

A influenza do soño rápido sobre a madurez do sistema nervioso parece máis precisa. A duración deste soño é importante no recén nacido. Oscila entre seis e oito horas por cada 24. Nun cativo de 3 anos, non é máis que de tres horas, casi comparable á dun adulto.

Esta alta proporción de soño rápido observada nos máis pequenos e a súa diminución coa idade, podería ter explicación no desenvolvemento do sistema nervioso.

Según un estudio da Universidade de California, mentres atravesamos a fase REM, as lembranzas póñense en perspectiva, conéctanse e intégranse.

Así pois atopamos moitas interpretacións do valor do soño paradóxico. Todas interesantes, aínda que falta moita investigación por realizar neste campo.

Concepción Rozas. Psicóloga clínica-Psicoterapeuta.