Unha das cuestións máis preocupantes na educación na nosa sociedade é a desmotivación dos profesores. Moitos pais protexeron tanto aos seus fillos que chegaron a crear o que Hughes chamou “a cultura da queixa”. Moitas asociacións de Pais de Alumnos transformáronse en portavoces de queixas. Demasiadas nais e pais van falar cos profesores exisindo e tratándoos como inimigos. Os políticos tamén fomentaron esas queixas porque, non esquezamos que, o número de pais como votantes excede con moito aos de profesores. Esto axfisiou a moitos docentes de tal xeito que as baixas por depresión son alarmantes.

Tamén hai profesores que xogan nas relacións cos compañeiros, por exemplo ao “por que non facemos esto?. Si, pero…”, é decir aqueles que se adican a cargarse as iniciativas que axudan a construir un ambente mellor. O prezo da crítica é construir unha alternativa.

O factor humano é decisivo no campo da educación. Os profesores dispoñen dunha observación directa, están tratando continuamente cos alumnos. Hai xogos de comunicación que predominan entre os estudantes e entre alumnos e profesores.

Evento ComunicEnsinoDescubrir os xogos en que profesores e alumnos participan convírtese en algo que nos implica persoalmente. Se o profesor axuda a dar coa antítese do xogo pode ter unha influencia decisiva na vida de esas persoas. O profesor pode ter unhas vivencias máis gratas e profundas que a transmisión dos coñecementos da súa especialidade.

Na aula os alumnos relaciónanse unha gran cantidade do seu tempo. Pódese observar o tipo e calidade destas relacións. Resúltannos familiares certos fenómenos típicos da vida escolar: hai situacións, diálogos, condutas que se repiten, empezan de xeito determinado, continúan de forma coñecida e rematan de maneira predecible.

Se conseguimos detectar e evaluar esas condutas, a súa intensidade e frecuencia, poderemos ofrecer alternativas e orientacións educativas para sanealas.

Neste taller abordaremos os procesos de comunicacións horizontais e verticais no ámbito da educación. O Análise Transaccional pódenos axudar a aplicar conceptos e instrumentos a situacións da vida na aula.

Queremos que os centros educativos sexan un lugar de encontro e de aventuras apasionantes no saber e no vivir no futuro.

 

Imparte: Concepción Rozas. Psicóloga Clínica. Psicoterapeuta.

Lugar: Centro Metys. R/ Frei Rosendo Salvado, 19

Días: Venres 22 e Sábado 23 de Abril 2016.

Horario: Venres (16 – 20 h.), Sábado (10-14 h.,  16h-19.30 h.).

Prezo: 70€ (Data límite inscrición: Luns 18 de Abril 2016.

(Admisión por orde de inscrición ata completar aforo.)