Todos os individuos temos recursos suficientes que poden ser mobilizados para a nosa autorrealización.

Comunicacion1

As relacións humanas vense influenciadas polas experiencias que cada un asimila de maneira persoal.

Hai situacións, diálogos e condutas que vemos repetirse unha e outra vez para rematar nunha emoción de malestar. A comunicación non flúe, as discusións convírtense nunha loita que agota a nosa enerxía, sen que cheguemos a entender por que unha conversación convirteuse nun campo de batalla emocional.

Coa  Análise Transaccional respondemos á cuestión de como nos comunicamos as persoas. É unha análise do interpersoal. Esta teoría, baseada na analise das transaccións, condúcenos á mellora individual e das relacións humanas.

O noso obxectivo é comprender todas as posibles formas de relacións sociais, afrontar e evitar conflitos coa parella, familia, compañeiros,…

Co taller “Comunicar para Vivir” aprenderemos a recoñecer as mensaxes e emocións que se esconden detrás das comunicacións que habitualmente mantemos e practicar estratexias que nos permitan mellorar as relacións persoais, evitando conflitos.

É importante detectar as trampas que outros ou nós mesmos levamos a cabo para conseguir metas. Non caer en ditas trampas lévanos a un sentimento de seguridade e a suprimir o malestar na comunicación cos demáis.

Identificaremos patróns de comunicación que usamos e que obstaculizan a noso autocoñecemento e impiden autorrealizarnos nas relacións persoais.

Practicaremos o autocoñecemento e a detección dos xogos de comunicación que malgastan o noso tempo facéndonos perder enerxía e benestar.

 

Imparte: Concepción Rozas. Psicóloga clínica – Psicoterapeuta humanista.

Lugar: CENTRO METYS. R/ Frei Rosendo Salvado, 19 (Compostela)

Sábado 12 de Marzo. 10-14h. 16h-20h

Prezo: 30 €